Asociados

O noso motor do progreso

Os Asociados do GALP Golfo Ártabro Sur

Un papel fundamental no desenvolvemento local e na preservación do patrimonio mariñeiro da nosa zona é o que xogan os Asociados GALP Golfo Ártabro Sur. Como membros desta rede, teñen a oportunidade de participar activamente na creación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), achegando o seu coñecemento do territorio e identificando as necesidades e oportunidades que poden impulsar o progreso da zona costeira.

Beneficios de ser asociado do GALP Golfo Ártabro Sur

A través da Xunta Directiva, os asociados tamén teñen voz nas decisións estratéxicas, sendo responsables de aprobar as propostas que se presentarán á Consellería do Mar. Ademais, cada membro pode propoñer novas liñas de actuación a partir das necesidades identificadas nos seus sectores, traballando nas mesas sectoriais e actuando como unha rede unida que busca fortalecer o tecido económico e social do territorio.

Os nosos asociados

ARMADORES DE CERCO DE GALICIA (ACERGA)
ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO
ASOCIACIÓN CLUB MARÍTIMO DE PESCA RECREATIVA Y DEPORTIVA DE SADA
 ASOCIACIÓN CULTURAL MARIÑEIRA OS PATEXEIROS
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE BERGONDO
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE CULLEREDO
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SADA E AS MARIÑAS
ASOCIACIÓN DE ESTUDIOS MEDIOAMBIENTAI Y SOCIOCULTURALES AMIGOS DE SADA – AMISADA 
ASOCIACIÓN DE MINORISTAS DEL PUERTO DE A CORUÑA
ASOCIACIÓN DE MUJERES Y FAMILIAS DEL AMBITO RURAL- CAMBRE (AMFAR - CAMBRE)
ASOCIACIÓN DE REDEIRAS DE LORBÉ 

ASOCIACIÓN DE SUBASTADORES DE PESCADOS Y MARISCOS DEL PUERTO DE A CORUÑA

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SADA E AS MARIÑAS

ASOCIACIÓN LOCAL DE ARMADORES DE PESCA DEL NORTE

ASOCIACIÓN LOCAL DE EMPRESARIOS MAYORISTA EXPORTADORES DE PESCADOS Y MARISCOS DE LA CORUÑA
ASOCIACIÓN MAR DE FÁBULA
ASOCIACIÓN ODYSSEUS
ASOCIACIÓN OS NAVEGANTES DE SADA
ASOCIACIÓN PADRES NIÑOS PARALÍT. CEREBRALES (ASPACE)

ASOCIACIÓN PESCA GALICIA-ARPEGA- OBARCO

ASOCIACIÓN PRO PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL DE GALICIA - ASPRONAGA

ASOCIACION RECREATIVA, CULTURAL E DEPORTIVA RÍA DO PEDRIDO- RCD

CENTRO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E DIVULGACIÓN AMBIENTAL DE GALICIA (CEIDA)
CLUB DEPORTIVO MARIÑEIRO DE MERA
CLUB DE REGATAS PERILLO
CONCELLO DE ARTEIXO
CONCELLO DE BERGONDO
CONCELLO DE A CORUÑA
CONCELLO DE CAMBRE
CONCELLO DE CULLEREDO
CONCELLO DE OLEIROS
CONCELLO DE SADA
COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS INDUSTRIAIS DE A CORUÑA

CONFRARÍA DE PESCADORES DE A CORUÑA

CONFRARÍA DE PESCADORES DE LORBÉ

CONFRARÍA DE PESCADORES DE MERA

CONFRARÍA DE PESCADORES DE SADA
ECOS DO SUR
FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ASOCIACIONES COMARCALES DE EMPRESARIAS, PROFESIONALES Y EMPRENDEDORAS DE A CORUÑA (FEDACEPE)
FUNDACIÓN INLADI FUNDACIÓN LONXANET PARA A PESCA SOSTENIBLE FUNDACIÓN PARA O AVANCE CIENTÍFICO DA VETERINARIA EN GALICIA (ACIVEGA) FUNDACIÓN RENDEMENTO ECONÓMICO MÍNIDMO SOSTIBLE E SOCIAL
GRUPO NATURISTA HABITAT
MEIGAS ASOCIACIÓN SOCIO CULTURAL DE MULLERES
ORGANIZACIÓN DE PRODUCTORES DE PESCA FRESCA DEL PUERTO DE A CORUÑA - OPP13
REAL CLUB NÁUTICO DE A CORUÑA
SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL DELEGACIÓN AS MARIÑAS

Como asociarse ao GALP Golfo Ártabro Sur

Para formar parte socios do GALP Golfo Ártabro Sur, as entidades deben cumprir cos seguintes requisitos:

Quen pode unirse aos Membros GALP Golfo Ártabro Sur?

Poden ser socias todas aquelas entidades sen ánimo de lucro, fundacións, asociacións de intereses colectivos e administracións locais ou entidades públicas dependentes delas, situadas no ámbito territorial do GALP. Non se admite a participación de entidades con ánimo de lucro nin persoas físicas.

Proceso para converterse en Asociado GALP Golfo Ártabro Sur:

As entidades interesadas deben enviar unha solicitude á Presidencia do GALP (anexo I, anexo II). 

No caso de entidades privadas, a solicitude será acompañada da seguinte documentación:

  • Copia dos estatutos
  • Relación de asociados
  • De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, so será necesaria a dita relación respecto das persoas xurídicas asociadas, ou denser persoas físicas, sempre que o autorizasen de forma previa e expresa.
  • NIF
  • Memoria de actividades.

3. Aprobación da solicitude: A solicitude será revisada pola Xunta Directiva, que deberá emitir unha resposta nun prazo de máximo un mes.

4. Recurso de non admisión: En caso de non admisión, o solicitante poderá recorrer ante a Asemblea Xeral, que incluirá o recurso na orde do día da súa próxima sesión.

Únete aos Asociados GALP Golfo Ártabro Sur

Se compartes o noso compromiso co desenvolvemento sostible da costa e desexas participar activamente na construción dun futuro mellor para as nosas comunidades, invitámoste a unirte aos Asociados GALP Golfo Ártabro Sur.

O proceso de creación da EDLP pasa por varias fases, incluíndo a análise diagnóstica do territorio, a definición de obxectivos e accións concretas, e finalmente, a aprobación e revisión. A través desta estratexia, o GALP busca fortalecer a identidade costeira e desenvolver proxectos sustentables que impulsan o futuro das comunidades mariñeiras, sempre coa mirada posta na sostenibilidade e no crecemento inclusivo.

Únete á nosa comunidade e sé parte do que estamos a crear!

Síguenos nas redes sociais para estar ao día de todas as novidades do GALP Golfo Ártabro Sur. Mantente conectado co mar, a pesca sostible e a nosa tradición costeira.