As confrarías de pescadores do Golfo Ártabro Sur son unha parte esencial da historia mariñeira do territorio. Con décadas, e nalgúns casos máis dun século, de traxectoria, estas entidades foron e seguen sendo o corazón da actividade pesqueira nas vilas costeiras, organizando o traballo no mar, defendendo os intereses do sector e transmitindo un saber que pasa de xeración en xeración. Coincidindo coa celebración do Día do Pescador neste mes de xaneiro, queremos poñer en valor o papel das confrarías e a súa contribución ao desenvolvemento social e económico da comarca.

Actualmente, o Golfo Ártabro Sur conta con catro confrarías, cada unha cunha historia única e un forte vínculo co seu territorio:

A Confraría de Pescadores da Coruña conta cunha longa tradición de organizacións mariñeiras que se remonta ao século XIII co “Gremio dos Mareantes e Pescadores”, antecedente das confrarías modernas. As primeiras confrarías sindicais da cidade xurdiron na década dos 70, como consecuencia da regulación estatal previa á Constitución de 1978.destaca polo seu peso histórico e pola súa estreita relación co porto da cidade, un dos máis importantes de Galicia ao longo do século XX. Durante décadas, centos de embarcacións e milleiros de persoas viviron directa ou indirectamente da pesca, convertendo á Coruña nun referente do abastecemento de peixe fresco. Na actualidade, a confraría continúa desempeñando un papel clave na defensa da pesca artesanal e na promoción dun modelo sostible, mantendo viva unha actividade profundamente ligada á identidade da cidade.

A Confraría de Lorbé onstituíuse nos anos 70, tamén motivada pola regulación estatal das confrarías de pescado, resrepresenta a esencia da pesca de pequena escala e do traballo ligado ao mar e á ría. Dende a súa creación, consolidouse como un exemplo de organización do sector artesanal, combinando a actividade pesqueira tradicional coa produción de mexillón, que forma parte da paisaxe económica e cultural da localidade. O seu modelo baséase no coñecemento do medio, na proximidade e na calidade do produto, valores que seguen sendo fundamentais para o futuro da pesca.

A Confraría de Mera fundada arredor de 1978,mantén unha forte vinculación co territorio e cunha forma de pesca marcada polo respecto aos ciclos naturais. Historicamente orientada a especies de alto valor, a súa frota caracterízase pola versatilidade e pola adaptación ás condicións do mar. A actividade da confraría contribuíu durante décadas ao sustento das familias mariñeiras da zona e ao abastecemento de peixe fresco nos mercados próximos, consolidando un modelo de pesca de proximidade que continúa vixente.

A Confraría de Pescadores de Sada a historia mariñeira de Sada está intimamente ligada á súa confraría. Dende os primeiros ‘Vixiantes da Ría’ en 1909 ata a constitución oficial da confraría en 1954,é un dos grandes referentes mariñeiros do Golfo Ártabro Sur. Cunha traxectoria que se remonta a comezos do século XX, a súa historia está intimamente ligada á evolución da vila e ao desenvolvemento do sector pesqueiro na ría. Durante moitos anos, Sada destacou pola súa frota de cerco e pola captura de peixe azul, como a sardiña, o xurelo ou a cabala, que marcou a economía local e deu identidade ao porto. Xunto a esta actividade, o marisqueo e as artes menores completaron un sector diverso e dinámico, no que xeracións enteiras fixeron do mar o seu medio de vida. Hoxe, a confraría continúa sendo un eixo fundamental da vida mariñeira sadense, apostando pola adaptación, a sustentabilidade e a posta en valor do produto local.

As confrarías do Golfo Ártabro Sur son espazos de memoria colectiva, de aprendizaxe e de comunidade. A través do seu traballo mantívose viva unha actividade esencial para o territorio, que segue a xerar emprego, identidade e cohesión social.