Convocatoria de axudas GALP Golfo Ártabro Sur
Dámosche as ferramentas
Se estás pensando en desenvolver un proxecto relacionado co sector pesqueiro ou nas comunidades pesqueiras da nosa área, che damos as ferramentas necesarias para facelo realidade. Nesta sección, explicamos de forma clara e detallada todos os pasos para presentar a túa solicitude de axuda.
Non estás só neste proceso. Artabrito, o noso asistente virtual, estará ao teu lado para axudarche a realizar a solicitude do teu proxecto de maneira sinxela e eficaz.
Impulsa as túas ideas e da o seguinte paso no desenvolvemento do teu proxecto
Axudas GALP Golfo Ártabro Sur: Impulsa o teu proxecto pesqueiro
O GALP Golfo Ártabro Sur abre a súa convocatoria de axudas para proxectos que fomenten o desenvolvemento sostible do sector pesqueiro e as comunidades costeiras do territorio. Se tes unha iniciativa que contribúa á mellora da pesca ou ao benestar das comunidades, esta é a túa oportunidade.
Consulta a Convocatoria de axudas do GALP Golfo Ártabro Sur e solicita o teu financiamento para proxectos vinculados ao ámbito costeiro.
Se estás pensando en desenvolver un proxecto relacionado ámbito costeiro ou nas comunidades pesqueiras da nosa área, che dámosche as ferramentas necesarias para facelo realidade. Nesta sección, explicamos de forma clara e detallada todos os pasos para presentar a túa solicitude de axuda.
Non estás só neste proceso. Artabrito, o noso asistente virtual, estará ao teu lado para axudarche a realizar a solicitude do teu proxecto de maneira sinxela e eficaz.
Impulsa as túas ideas e da o seguinte paso no desenvolvemento do teu proxecto
Quen pode presentar un proxecto para solicitar as axudas do GALP?
Pequenas e medianas empresas (PEME) e autónomos con domicilio fiscal e social na Comunidad Autónoma de Galicia
- O proxecto debe desenvolverse dentro do ámbito de aplicación da estratexia do GALP.
- Se se trata dunha sociedade de capital, o proxecto debe axustarse ao obxecto social recollido nos estatutos rexistrados na data de remate da presentación da solicitude
Persoas xurídicas sen ánimo de lucro con domicilio fiscal e social na Comunidad Autónoma de Galicia
- Confrarías de pescadores e as súas federacións
- Asociacións profesionais do sector pesqueiro e as súas federacións
- Entidades sen ánimo de lucro integradas só por confrarías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro
- Entidades públicas locais.
- Asociacións declaradas de utilidade pública
- Entidades sen ánimo de lucro cos seguintes obxectivos nos seus estatutos:
- Fomentar as actividades náuticas
- Promocionar os produtos pesqueiros do territorio
- Fomentar o medio ambiente mariño e costeiro
- Promover o patrimonio cultural marítimo pesqueiro.
Os proxectos tamén deben ser viables, técnica, economica e financeiramente, e cumprir coa normativa que lles aplique. Se todo está en orde, as axudas poderán apoiar o desenvolvemento do proxecto e a mellora do sector pesqueiro na nosa zona.
Para que o proxecto sexa aprobado, será necesario demostrar que contas con capacidade administrativa, financeira e operativa para asegurar a súa viabilidade e sustentabilidade a longo prazo.
Lembranza importante: Se o proxecto inclúe actividade económica, os beneficiarios deben ser PEME, agás as entidades locais.
| Xa sabes se cumpriches cos requisitos? Se non estás seguro, pregúntanos e aclaremos as túas dúbidas para que o teu proxecto vaia por bo camiño! |
![]()
Ámbito territorial
No GALP Golfo Ártabro Sur, apoiamos proxectos no ámbito territorial que inclúe os concellos de A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada. Se o teu proxecto está nalgún destes lugares, esta pode ser a túa oportunidade. Ollo, se estás no concello de A Coruña, hai algúns puntos que debes ter en conta.
Lembra: a túa sede fiscal pode estar en calquera municipio galego, pero o proxecto debe desenvolverse nos concellos citados anteriormente.
Excepcións no Concello de A Coruña:
- Sociedades de capital con domicilio social e fiscal en A Coruña e actividades no sector pesqueiro poden presentar proxectos. Se a sociedade tamén traballa noutros sectores, debe acreditar que a maior parte da súa facturación provén do sector pesqueiro.
- Autónomos. Persoas integrantes do sector pesqueiro e os seus familiares.
- Persoas xurídicas do sector pesqueiro con sede en A Coruña.
- Entidades públicas locais con proxectos destinados á poboación pesqueira ou que beneficien o resto do territorio pesqueiro.
Requisitos a ter en conta
O proxecto debe:
1. Ser viable técnicamente, económica e financeiramente.
2. Adecuarse á EDLP (Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo) do GALP Golfo Ártabro Sur
3. Axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación para cada proxecto.
4. Non estar iniciados na data de presentación da solicitude de axuda
5. Naqueles proxectos con actividade económica e que teñan a obrigación de cumprir o regulamento de minimis, esixirase a creación, como mínimo, dun posto de traballo a tempo completo (1 UTA).
6. Os proxectos terán un orzamento subvencionable na anualidade 2026 de polo menos o 10% do importe total elexible.
Como presentar a solicitude de axudas
As solicitudes de axuda deberán presentarse de maneira telemática a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, onde debes cubrir o formulario PE155A destinado ás axudas para proxectos no marco das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP).
|
Importante: documentación imprescindible para presentar as axudas:
|
![]()
Dexámoste para descargar «Documentación para a solicitude de axudas» a listaxe de documentos e modelos segundo a tipoloxía de proxecto.
A primeira documentación aportada debe conter os 3 docuemntos imprescindibles, ademáis da restante documentación necesaria. Se é preciso achegar máis documentación, debería de achegarse como: Achega de documentación cumplimentaria.
As solicitudes de axuda deberán presentarse de maneira telemática a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, onde debes cubrir o formulario PE155A destinado ás axudas para proxectos no marco das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP).
|
Importante: documentación imprescindible para presentar as axudas:
|
![]()
Dexámoste na sección «Documentación para a solicitude de axudas» os modelos coa documentación según entidade e proxecto para descargar.
Como cumprimentar a documentación mínima imprescindible
Anexo I
Para comezar, deberás completar o Anexo I a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia. Este formulario debe ser cuberto de forma obrigatoria e só se aceptarán solicitudes en formato electrónico (de maneria online cando se solicita a axuda)
- Podes ver o exemplo formulario a través na ligazón, debes cubrilo na Sede electrónica da Xunta de Galicia: Anexo I – Axudas
1. Rechea os campos correctamente, prestando especial atención a que o nome do proxecto estea igual en todos os documentos.
![]()
|
Lembra que, na «Denominación do proxecto», o nome debe coincidir con todos os outros documentos que presentas. Non se permite cambiarlo unha vez rexistrado, así que, lémbrao ben! So se acepta a solicitude online, tes que cubrir o Anexo I cando solicites a axuda na sede electrónica. |
![]()
2. Importe solicitado:
É imprescindible indicar o importe por anualidade e importe total do proxecto que se solicita para recibir a subvención. Ademais, debes engadir o IVE se solicitaches a subención deste.
Se o proxecto se desenvolve en varias anualidades, no 2026 debes asignar polo menos o 10% do total subvencionable.
Exemplo: Se pides unha subvención de 100.000 € para tres anos, no 2026 debes indicar un mínimo de 10.000 €, que corresponde a ese 10%.
![]()
3. Na sección «Datos Bancarios«, asegúrate de introducir unha conta bancaria da entidade, non da persoa física.
![]()
4. Marca as casillas correctas nas opcións sobre a documentación que presentas. Para facilitarte a tarefa, consulta a táboa que che proporcionamos coas documentacións necesarias segundo o tipo de entidade e proxecto.
5. Na sección “Comprobación de Datos ”, asegúrate de marcar GALP Golfo Ártabro Sur como grupo de acción local.
![]()
6. Indica marcando as casillas correspondentes se eres poder adxudicador ou PEME ![]()
Cando teñas toda a documentación necesaria lista, envía a solicitude na sede electrónica toda xunta.
PE155A – Axudas autonómicas para proxectos
Lembra: documentación imprescindible para presentar as axudas:
- Modelo normalizado de solicitude de axuda (Anexo I)
- Memoria e orzamento detallado do proxecto
- Plan Económico (este último se procede)
Outra documentación específica segundo o tipo de proxecto
Memoria do Proxecto
A memoria do proxecto é un documento no que deberás proporcionar detalles clave sobre a súa viabilidade e execución.
Accede á Memoria do Proxecto aquí: Memoria do Proxecto
| Antes de marcar calquera campo neste documento, asegúrate de ler todo detidamente. |
![]()
1. Cubre os campos en azul e ten en conta que as advertencias que están en cor vermella.
![]()
![]()
2. Nalgúns casos, os campos sombreados teñen un despregable para escoller a opción que corresponda.
![]()
3. Na páxina 4, nos dous despregables de «sector de actividade», para ver todas as opcións, fai clic enriba e usa as teclas de desprazamento (arriba e abaixo).
4. Algúns campos teñen un límite de caracteres, así que, cando o alcances, non poderás seguir escribindo. Se pegas un texto doutro documento, quedará recortado ao chegar ao máximo permitido.
5. Na páxina 29 tes un espazo dispoñible para engadir observacións ou aclaracións.
6. Segue os pasos descritos no documento, seleccionando a opción que mellor se axuste á túa entidade. Dependendo de se es persoa traballadora autónoma ou empresa, elixe entre os apartados adecuados:
- 1.2.2. Persoa Traballadora Autónoma
- 1.2.3. Empresa privada (sociedades mercantís e outras)
- 1.2.4. Confrarías ou federacións de confrarías
- 1.2.5. Asociacións profesionais do sector pesqueiro
- 1.2.6. Entidades sen ánimo de lucro do sector pesqueiro
- 1.2.7. Entidades públicas locais
- 1.2.8. Asociacións de utilidade pública
- 1.2.9. Asociacións ou entidades sen ánimo de lucro
| Ollo: os UTA non indican o número total de persoas contratadas, senón a equivalencia a unha persoa contratada a xornada completa |
![]()
– 1 UTA = 1 persoa a xornada completa durante un ano.
– Se contratas alguén a media xornada, conta como 0,5 UTA.
– Se a xornada é diferente, debes calcular a proporción segundo as horas contratadas.
Exemplo: se tes 2 persoas a xornada completa e 1 a media xornada, serían 2,5 UTAS.
![]()
![]()
Se tes dúbidas, contacta connosco.
Plan Económico
Accede ao Plan económico en formato Excel aquí: Plan económico
| So rechealo os proxectos económicos. |
![]()
1. Nas follas:
- 1.-Conta de explotación.
- 2.-Estructura de custos
- 3.-Custos fixos
- 4.-Conta de resultados
- Soamente hai que cubrir as liñas non sombreadas. As restantes celdas cubriranse automáticamente ao introducir os datos das outras follas.
2. Na pestana «Contidos«, comproba os campos que debes completar segundo a túa entidade. Lembra que o plan económico debe ser detallado e reflectir a viabilidade económica do proxecto.
![]()
|
Xa todo listo? Revisa a documentación con calma e só queda subir todo á sede electrónica. Descarga aquí a Guía e un listado da documentación: |
![]()
|
Xa todo listo? Revisa a documentación con calma e só queda subir todo á sede electrónica. Descarga aquí a Guía e un listado da documentación: |
![]()
documentación para a solicitude de axudas
- Certificación do órgano competente
Certificado no que se especifique o acordo polo que se autoriza a formulación da solicitude.
Ver modelo segundo acordo
Ver modelo segundo estatuto - Certificación do órgano competente no que se acredite o desempeño do cargo actual: Ver modelo
- Declaración responsable sobre a aplicación da normativa de accesibilidade (Anexo I bis)
Guía dos ámbitos normativos que pode ser de utilidade para comprobar a tipoloxía de actuación afectadas: GUÍA
Ver modelo - Documentación xustificativa dos custos incluídos
Orzamentos, contratos, facturas proforma, etc.
Os orzamentos detallados de cada unha das accións propostas, no que o IVE deberá vir separado. O orzamento da memoria deberá estruturarse en conceptos detallados e coincidentes cos orzamentos e facturas proforma.
Independentemente do importe das actuacións ou inversións previstas, haberá de achegar coa solicitude, tres ofertas de distintos provedores, que sexan comparables. - Declaración censual de alta no censo de empresarios, profesionais e retenedores
Modelos 036/037, ou certificado da exención, de ser o caso, do importe sobre actividades económicas (IAE) - Documentación acreditativa da condición PYME
- Declaración relativa á condición de pyme Anexo IIA: Ver modelo
- Declaración relativa á condición de pyme Anexo IIB: Ver modelo
- Copia das contas depositadas no rexistro mercantil do solicitante e de todas aquelas empresas nas que participa no caso de que esta participación supere o 25%, do último ano
- Copia da escritura de constitución ou dos estatutos da entidade inscritos no rexistro correspondente
- Acreditación de capacidade legal do uso e desfrute ou propiedade dos bens relacionados co proxecto
Deberá acreditarse a titularidade dos terreos, bens mobles ou inmobles sobre os que se executa o proxecto, ou da dispoñibilidade destes durante o período mínimo equivalente ao que se vai esixir a permanencia da inversión. A acreditación deberá realizarse mediante documento público ou escritura pública.
No caso de que a titularidade estea sometida a réxime de gananciais, esixirase documento público ou escritura pública que recolla a autorización para dispoñer destes durante o período mínimo equivalente ou que se vai a esixir de permanencia da inversión. - Declaración de non vinculación Ver modelo
- Documentación acreditativa do cumprimento á Lei 3/2004 do 29 de decembro de loita contra a morosidade (para as subvencións de máis de 30.000€)
-> Persoas físicas ou xurídicas que presentan contos de perdas e ganancias abreviados:
-> Certificación suscrita na cal afirme alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos. Ver modelo
-> Persoas xurídicas que non poidan presentar contos de perdas e ganacias abreviados:
-> Certificación emitida por acreditar rexistrado no ROAC.
-> Factura da certificación ou do informe de procedementos acordados do auditor mencionado (Se o gasto unitario da factura supera os 15.000€, deberá achegar, como mínimo, dúas ofertas máis de diferentes proveedores).
-> Certificación bancaria acreditatoria do pagamento, que indicará a factura soportada. - Calquera outra documentación que sexa necesaria ou adecuada para a correcta valoración do proxecto presentado
- Localización cartográfica (planos sobre mapas) e xeorreferenciada
No caso de instalacións móbiles, concretarase o rango de mobilidade. - Acreditación de IVA soportado non recuperable polo promotor
- Autorización no caso de que a norma expresamente o contemple, ou no seu defecto, solicitude ante o órgano competente, no caso de actuacións prohibidas pola normativa de protección
- Informe de efectos independentes, se o proxecto se pode desenvolver en fases susceptibles de producir efectos independentes, no que se describa cada unha das fases e os seus obxectivos independentes.
documentación específica
- Proxecto técnico de execución valorado
En operacións que inclúan un acto de edificación ou calquera outra actuación das sometidas a licencia urbanística municipal, deberá presentarse proxecto técnico completo e valorado redactado por técnico competente, con medición desglosada por partidas e prezos unitarios das mesmas, así como axustarse á normativa vixente en materia de accesibilidade. - Comunicación previa de obra
No caso de operación que inclúan actos de edificación, intervencións en edificios existentes ou uso do solo e subsolo, sometidos a este réxime, deberá presentar unha descrición técnica das características do acto de que se trate, con medición desglosada por partidas e prezos unitarios das mesmas, así como axustarse á normativa vixente en materia de accesibilidade. - Informe de fronte ao cambio climático
Informe de técnico competente que garanta a protección fronte ao cambio climático das inversións en infraestruturas cuxa vida útil sexa como mínimo de 5 anos.
Este informe terá en conta a definición establecida no artigo 2.42) do Reglamento (UE) 2021/1060, e analizará a mitigación do cambio climático (neutralidade climática) e a adaptación ao mesmo. Ver modelo - Declaración de Impacto Ambiental (DIA) ou Informe de Impacto Ambiental
Declaración ou informe favorable, segundo se trate de avaliación de impacto ambiental ordinaria ou simplificada. As condicións deberán ter sido incorporadas ao proxecto, no seu caso. - Solicitude ou autorización para actuacións con modificacións hidromorfolóxicas de masas de auga.
Solicitude ou autorización do órgano competente conforme o Regulamento de Planificación Hidrográfica segundo o Real Decreto 907/2007, de 6 de julio - Solicitude, autorización ou informe favorable en materia de recollida de residuos e xestión de desfeitos xerados
No caso de inversións e novas instalacións ou ampliacións - Solicitude, informe favorable ou autorización Red Natura 2000, áreas mariñas protexidas ou espazos naturais protexidos
No caso de construcións que deban ser compatibles coas normas e directrices de Rede Natura 2000, áreas mariñas protexidas ou espazos naturais proxetidos - Solicitude, informe favorable ou autorización en actuacións de conservación ou divulgación do patrimonio
No caso de actuacións de conservación divulgación e posta en valor de elementos de patrimonio cultural. - Solicitude, informe favorable ou autorización espazos naturais, paisaxe ou patrimonio cultural
No caso construccións que deban ser compatibles coas mesmas directrices de espazos naturais, paisaxe ou patrimonio
- Declaración de impacto ambiental (DIA)
Do proxecto favorable á súa execución ou o informe de impacto ambiental favorable do proxecto, segundo se trate de avaliación de impacto ambiental ordinario ou simplificada - Autorización no caso de que se inclúan actuacións dentro do ámbito da compatibilidade coas estratexias mariñas
Segundo o Real Decreto 79/2019 do 22 de febreiro - Informe medioambiental ou solicitude de informe
Ante os órganos competentes no caso de zonas incluídas na Rede Natura 2000, Áreas Mariñas Protexidas ou Espazos Naturais Protexidos - Autorización do organismo correspondente conforme ao Real Decreto 907/2007, de 6 de xullo
Polo que se aproba o Regulamento de Planificación Hidrográfica, e ao seu defecto, a solicitude ante ao órgano competente
- Informe da Seguridade Social de traballadores en alta na data de solicitude
- Declaración responsable de creación ou mantemento de emprego
- Acordo de creación de emprego: Ver modelo
- Plantilla media de traballadores
- Vida laboral da empresa
- Libro de familia
No que figuren tódolos membros da unidade familiar e/ou documentación acreditativa do parentesco - Documentación acreditativa da condición de pescador/a, mariscador/a ou traballador/a do sector pesqueiro, dun membro da unidade familiar
- Acordo do nomeamento do representante ou apoderado único: Ver modelo
Aos efectos da subvención, asinado polos representantes de tódalas entidades solicitantes - Distribución de compromisos que corresponda executar a cada un dos solicitantes, así como o importe da subvención solicitadas para cada un deles
- Declaración responsable (Anexo III): Ver modelo
- Pluralidade de persoas solicitantes (Anexo IV): Ver modelo
Aclaracións importantes para beneficiarios de axudas do GALP Golfo Ártabro Sur
A continuación, presentamos algúns puntos moi importantes que debes ter en conta ao solicitar e xestionar as axudas do GALP Golfo Ártabro Sur. Estas aclaracións son clave para asegurar que o teu proxecto cumpla cos requisitos establecidos e que poidas beneficiarte das axudas de forma correcta.
Estas aclaracións son fundamentais para asegurar o cumprimento das normativas e que o teu proxecto sexa aprobado de forma correcta. Lembra que o GALP Golfo Ártabro Sur está á túa disposición para resolver calquera dúbida e guiarte durante todo o proceso.
Mantemento de Investimentos
É fundamental manter os investimentos en infraestruturas ou investimentos produtivos obxecto de subvención durante 5 anos como mínimo, ou 3 anos no caso de PEMES, contados a partir do pagamento final. A data de referencia para o cálculo destes períodos será a data contable do último pagamento da axuda.
Aval bancario para proxectos plurianuais
Para proxectos plurianuais nos que a anualidade a xustificar sexa superior a 18.000€, será imprescindible presentar un aval bancario do 110% do importe total do proxecto. Este aval debe ser depositado na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda e Administración Pública ata que se xustifique o pagamento final pola Consellería do Mar. Os gastos do aval son subvencionables e, unha vez verificada a execución do proxecto, será devolto ao promotor para a súa cancelación.
Coa escepción dos casos previstos no artigo 65.4 do mesmo e as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e demáis entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituidas exclusivamente por profesionais ou entidades do sector pesqueiro
Publicidade da Axuda
A publicidade relacionada coa axuda recibida é obrigatoria. En caso de non cumprir con este requisito, poderá aplicarse o principio de proporcionalidade, cancelando ata un máximo do 3% da axuda á operación. Para a publicidade, os requisitos son os seguintes:
- Se dispós de web ou contas en redes sociais, deberás realizar unha breve descrición da operación destacando o nivel de axuda, os obxectivos e resultados.
- Nos materiais e documentos de comunicación relacionados coa execución da operación destinados ao público, deberás incluir unha declaración visible sobre a axuda da Unión Europea.
- Se o proxecto implica investimentos físicos ou instalacións con custo superior a 100.000€, deberás instalar placas ou valos publicitarios resistentes, ben visibles ao público, cos emblemas da Unión Europea.
- Para as operacións que non cumpran co indicado, deberás exhibir un cartel de tamano mínimo A3 ou unha pantalla electrónica destacando a axuda do FEMPA.
- Descargar Logos Oficiais
Conservación de documentos xustificativos
É obrigatorio conservar os documentos xustificativos relacionados coa operación durante 5 anos a partir do 31 de decembro do ano no que se realice o último pagamento.
Requisitos para sociedades de capital
Cando o beneficiario sexa unha sociedade de capital, o proxecto deberá estar adecuado ao obxecto social recollido nos estatutos, que deben estar rexistrados na data de remate da solicitude. No caso de que a sociedade realice outras actividades fóra do sector pesqueiro, deberá acreditar que, no ano anterior á convocatoria, a maior parte da súa facturación provén do sector pesqueiro.
Familiares do Sector Pesqueiro
Consideranse familiares do sector pesqueiro aquelas persoas en cuxa unidade familiar haxa alguén físico (até o segundo grao de consanguinidade ou afinidade) que traballase ou traballase no sector pesqueiro, sexa pescador, mariscador, acuicultor ou traballador vinculado á actividade pesqueira.
Subvención de vehículos de transporte interno
Só se poderán subvencionar vehículos de transporte interno que dispoñan do distintivo ambiental: “Etiqueta cero emisións” ou “Etiqueta ECO”.
Restriccións sobre a Data de Inicio
Os investimentos solicitados non se poderán iniciar antes da data de presentación da solicitude, nin antes de realizar a acta de non inicio (ANI), agás o informe do técnico competente relativo a protección fronte ao cambio climático, no caso de infraestructuras cuxa vida útil é de polo menos 5 anos, que poderá ser de ata un ano anterior a data límite da solicitude.
Solicitude de subvención do IVE
Se solicitas a subvención do IVE, como promotor, debes ter en conta esta circunstancia ao solicitar a devolución do mesmo.
Axudas a proxectos non pesqueiros
As axudas a proxectos non promovidos directamente por persoas do sector pesqueiro están sometidas a mínimis, e teñen un tope máximo de 200.000€.
Comunicación de actuacións inmateriais
Todos os beneficiarios teñen a obriga de comunicar por escrito ao GALP Golfo Ártabro Sur con antelación suficiente a realización de actuacións ou investimentos inmateriais ou de difícil comprobación posterior. A non comunicación a tempo pode provocar a imposibilidade de comprobación da inversión e, por tanto, o reintegro da axuda.
Requerimentos
Unha vez presentada a solicitude, o GALP Golfo Ártabro Sur revisará toda a documentación. Se falta algún dato, documento ou algo esta non está correcto, recibirás un requirimento para completar a información.
Se recibes un requirimento, deberás subir a información solicitada a través da Sede Electrónica no mesmo proceso de solicitude como emenda ao requiremento.
| Lembranza importante: nunca se poderán realizar cambios nas seguintes seccións, agás que se trate de aclaracións específicas: |
![]()
Unha vez presentada a solicitude, o GALP Golfo Ártabro Sur revisará toda a documentación. Se falta algún dato, documento ou algo esta non está correcto, recibirás un requirimento para completar a información.
Se recibes un requirimento, deberás subir a información solicitada a través da Sede Electrónica no mesmo proceso de solicitude.
| Lembranza importante: nunca se poderán realizar cambios nas seguintes seccións, agás que se trate de aclaracións específicas: |
![]()
Solicitude P155A
Memoria do proxecto
Plan económico
Para estes tres documentos, só se poderán solicitar aclaracións para mellorar a súa comprensión, pero non cambios substanciais. Os requirimentos para modificación ou entrega de documentación serán realizados por sede electrónica. A documentación deberá axuntarse como: emenda ao requirimento.
Importante: se non se recibe resposta dentro dos 10 días seguintes ao requirimento, o proxecto quedará automaticamente excluído de financiamento.
Se o promotor desexa achegar de forma voluntaria documentación adicional (que non sexa a requirida especificamente no requirimento), esta deberá ser presentada como: Achega de documentación complementaria.
| Se che solicitan documentación adicional ou correccións, non deixes pasar o prazo! Estamos aquí para axudarche a xestionar todo sen estrés. |
![]()
Para estes tres documentos, só se poderán solicitar aclaracións para mellorar a súa comprensión, pero non cambios substanciais. Os requirimentos para modificación ou entrega de documentación serán realizados por sede electrónica. A documentación deberá axuntarse como: emenda ao requirimento.
Importante: se non se recibe resposta dentro dos 10 días seguintes ao requirimento, o proxecto quedará automaticamente excluído de financiamento.
Se o promotor desexa achegar de forma voluntaria documentación adicional (que non sexa a requirida especificamente no requirimento), esta deberá ser presentada como: Achega de documentación complementaria.
| Se che solicitan documentación adicional ou correccións, non deixes pasar o prazo! Estamos aquí para axudarche a xestionar todo sen estrés. |
![]()
Proceso de aprobación de Proxectos no GALP Golfo Ártabro Sur
Unha vez realizada a solicitude e comprobados os requirimentos necesarios, o GALP Golfo Ártabro Sur procedería a puntuar os proxectos presentados nesta convocatoria seguindo un baremo establecido. Podes consultar os criterios de baremación para a aprobación dos proxectos na seguinte ligazón:
A partir da puntuación, o GALP publicará un listado provisional cos proxectos seleccionados, que poderá consultarse na páxina web dos grupos de acción local pesqueira: GALP Golfo Ártabro Sur ou no noso tablón de anuncios nesta mesma páxina web.
Unha vez publicado este listado, dispós de 5 días hábiles para presentar alegacións. Posteriormente, o GALP emitirá unha Resolución Definitiva, que non é vinculante, e será proposta á Consellería do Mar, quen tomará a decisión final sobre os proxectos concedidos.
| Non precisas esperar á Resolución Definitiva por parte da Consellería do Mar para comezar co teu proxecto, sempre que se formalice un acta de Non Inicio por parte do GALP, se fose necesario. Non obstante, débese ter en conta que pode existir a posibilidade de que o teu proxecto non sexa finalmente concedido |
![]()
Ademais, para garantir a visibilidade e a correcta comunicación do proxecto, é fundamental que utilices os logos oficiais e a información pertinente nas túas difusións. Pódese descargar o material necesario aquí
Este proceso busca apoiar e potenciar a sustentabilidade, innovación e o desenvolvemento do sector pesqueiro no Golfo Ártabro Sur, contribuíndo á creación de proxectos que fagan unha diferenza na nosa comunidade.
A partir da puntuación, o GALP publicará un listado provisional cos proxectos seleccionados, que poderá consultarse na páxina web dos grupos de acción local pesqueira: GALP Golfo Ártabro Sur ou no noso tablón de anuncios nesta mesma páxina web.
Unha vez publicado este listado, dispós de 5 días hábiles para presentar alegacións. Posteriormente, o GALP emitirá unha Resolución Definitiva, que non é vinculante, e será proposta á Consellería do Mar, quen tomará a decisión final sobre os proxectos concedidos.
| Non precisas esperar á Resolución Definitiva por parte da Consellería do Mar para comezar co teu proxecto, sempre que se formalice un acta de Non Inicio por parte do GALP, se fose necesario. Non obstante, débese ter en conta que pode existir a posibilidade de que o teu proxecto non sexa finalmente concedido |
![]()
Ademais, para garantir a visibilidade e a correcta comunicación do proxecto, é fundamental que utilices os logos oficiais e a información pertinente nas túas difusións. Pódese descargar o material necesario aquí.
Este proceso busca apoiar e potenciar a sustentabilidade, innovación e o desenvolvemento do sector pesqueiro no Golfo Ártabro Sur, contribuíndo á creación de proxectos que fagan unha diferenza na nosa comunidade.