Convocatoria e estratexia

Convocatoria de axudas

Programa FEMPA 2021-2027

Se tes unha iniciativa vinculada ao mar e buscas apoio para facela realidade, xa está aberta a nova convocatoria de axudas para o sector pesqueiro. Estas subvencións están dirixidas a fortalecer a competitividade, a sustentabilidade e o desenvolvemento das comunidades costeiras.

Os apoios económicos están dispoñibles para proxectos que impulsen a innovación, a diversificación da actividade e a posta en valor dos recursos mariños. Se traballas na pesca, no marisqueo ou noutros ámbitos relacionados co sector, podes consultar todos os detalles e como solicitar as axudas da convocatoria na seguinte ligazón:

Ver Orde de Axudas

Solicita a túa axuda

Proposta provisional de proxectos

Non perdas esta oportunidade de obter financiamento e levar adiante o teu proxecto mariñeiro!

Documentación

A continuación, deixámosvos varios documentos para que poidades consultar os criterios de selección dos proxectos e os obxectivos que deben cumprir.

Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP)

Consulta a EDLP ao abeiro da convocatoria de axudas dos fondos FEMPA. Nela poderás coñecer as liñas e posibilidades de financiamento.
Consulta na seguinte ligazón: Estratexia

Principais obxectivos da EDLP

Comproba en que obxectivos se pode enmarcar o teu proxecto.
Podes velos na seguinte ligazón: Obxectivos

Criterios de baremación

Criterios de baremación para a aprobación dos proxectos. A convocatoria é en concorrencia competitiva, comproba onde podes conseguir puntación.
Accede aquí para coñecer os criterios de avaliación: Criterios de baremación