- Este evento ha pasado.
Concurso receitas «Sabores do Mar»
1, abril, 2025I12:00 am - 11, mayo, 2025I12:00 am
📢 CONCURSO DE RECEITAS «SABORES DO MAR» 🍽️🌊
Gústache cociñar con produtos do mar? É o teu momento! Envíanos a túa receita xunto cunha foto ou vídeo do prato a golfoartabrosur@gmail.com e participa no noso concurso.
📌 Publicaremos todas as receitas en Facebook, Instagram e TikTok. A votación farase mediante comentarios, mencionando o número da receita favorita. A que reciba máis votos será a gañadora! 🎉
🏆 Premio: un curso de cociña en Enmalle Studio. Coñece os produtos de cercanía, aprende a sacarlles o mellor proveito e pasa unha mañá diferente, rodeado de natureza e arte.
🗓️ Data límite para enviar a túa receita é 11 de maio
📣 Anuncio da receita gañadora: 20 de maio
Consulta as bases en www.galpartabrosur.com e anímate a participar!