Últimos Eventos Pasados

Proposta provisional de proxectos

Outórgase un prazo de alegacións de 10 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Sur e na web galp.xunta.gal, rematando o prazo de presentación de alegacións o día 19 de maio de 2025.

Concurso receitas «Sabores do Mar»

📢 CONCURSO DE RECEITAS "SABORES DO MAR" 🍽️🌊 Gústache cociñar con produtos do mar? É o teu momento! Envíanos a túa receita xunto cunha foto ou vídeo do prato a golfoartabrosur@gmail.com e participa no noso concurso. 📌 Publicaremos todas as receitas en Facebook, Instagram e TikTok. A votación farase mediante comentarios, mencionando o número da receita favorita. A que reciba máis votos será a gañadora! 🎉 🏆 Premio: un curso de cociña en Enmalle Studio. Coñece os produtos de cercanía, aprende a sacarlles o mellor proveito e pasa unha mañá diferente, rodeado de natureza e arte. 🗓️ Data límite para enviar a túa receita é 11 de maio 📣 Anuncio da receita gañadora: 20 de maio Consulta as bases en www.galpartabrosur.com e anímate a participar!