O mércores 4 de xuño de 2025, o equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur participou na xornada formativa organizada pola Rede Española de Grupos de Pesca (REGP) baixo o título “Auditorías no DLP”. A actividade estivo dirixida a capacitar ao persoal técnico na correcta xestión, xustificación e auditoría dos fondos do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA), con especial atención ao control do gasto de funcionamento e aos expedientes de axudas a proxectos.

A formación, estruturada en varios módulos prácticos, permitiu afondar nos criterios de auditoría máis relevantes, identificar erros habituais e reforzar os coñecementos necesarios para garantir unha xestión eficaz, transparente e aliñada cos requisitos normativos europeos. Os contidos abordados incluíron tanto aspectos técnicos como procedementos operativos clave para o bo desenvolvemento dos proxectos integrados nos DLP (Desenvolvemento Local Participativo).

Dende o GALP Golfo Ártabro Sur valoramos moi positivamente a iniciativa da REGP, que contribúe a fortalecer as capacidades dos equipos técnicos dos GALP, mellora a calidade na execución dos fondos europeos e reforza a confianza nos mecanismos de apoio ao sector pesqueiro e ao desenvolvemento costeiro.

A documentación completa da xornada está dispoñible na web da REGP:

www.regp.pesca.mapa.es

Continuamos formándonos para garantir unha xestión rigorosa e eficaz que siga impulsando proxectos sostibles no noso territorio.