As Xornadas Informativas sobre Axudas FEMPA para Proxectos do Mar e Desenvolvemento Local, organizadas polo GALP Golfo Ártabro Sur, foron un verdadeiro éxito, convertendo a Sada nun punto de encontro clave para emprendedores e entidades vinculadas ao sector do mar. Con gran participación, estas xornadas foron unha oportunidade para resolver dúbidas, compartir ideas e coñecer as liñas de axudas dispoñibles para fortalecer a economía azul e impulsar proxectos sostibles no litoral. 

Un encontro para impulsar proxectos e iniciativas sostibles

As xornadas celebradas o 7 de marzo en Sada e o 11 de marzo, tanto de forma presencial como en modalidade online, foron un espazo de intercambio no que os participantes puideron coñecer todos os detalles das axudas ofrecidas polo GALP para proxectos vencellados ao mar. Durante as sesións, o equipo do GALP explicou os requisitos de acceso, os criterios de selección e o proceso de solicitude, ademais de presentar a nova guía creada creada polo GALP para mellorar a información e facilitar a tramitación das axudas. Cun orzamento aproximado de 1.500.000 euros, estas axudas están destinadas a apoiar iniciativas que promovan a pesca sostible, o turismo mariñeiro e náutico, a conservación do medioambiente, en definitiva, o desenvolvemento local e a sostibilidade ambiental do noso litoral. 

Unha oportunidade para transformar ideas en realidade

Máis alá da parte técnica, as xornadas non só foron un espazo de intercambio de experiencias e inspiración para os promotores, senón que lles proporcionaron a motivación a dar o seguinte paso, e transformar as súas ideas en proxectos concretos. Desde proxectos que promoven a pesca sostible, o turismo mariñeiro ou a conservación do medio ambiente, os participantes saíron das xornadas con máis confianza e claridade para solicitar as axudas e levar adiante as súas propostas; demostrando o interese e o potencial do sector para impulsar a sustentabilidade e a innovación na contorna mariñeira. 

A convocatoria de axudas xa terminou, pero o impacto segue

A convocatoria de axudas para presentar as solicitudes xa se pechou, pero as xornadas informativas demostraron o interese e o potencial dos proxectos que queren transformar o noso litoral. Este tipo de iniciativas sostibles son un exemplo claro de como a colaboración e o apoio institucional poden contribuir a mellorar o futuro das nosas costas e do sector pesqueiro.

Seguimos apoiando o desenvolvemento sostible no litoral

Aínda que a convocatoria de axudas xa rematou, no GALP Golfo Ártabro Sur continuamos comprometidos co desenvolvemento sostible do noso litoral e seguimos á disposición das entidades locais, PEMES e asociacións para ofrecerlles asesoramento e orientación en futuras iniciativas. Seguimos traballando para as axudas de 2026 e realizaremos xornadas ao longo do ano para ir formando aso promotores e facilitar o acceso a información sobre as próximas convocatorias.

Para aqueles que non puideron asistir ás xornadas ou que desexen obter máis información sobre futuras convocatorias ou proxectos, o GALP segue sendo un punto de referencia para o apoyo e financiación de proxectos no sector pesqueiro e marítimo.

📞 Contacto: 881 89 64 17
📧 Correo electrónico: galpgolfoartabrosur@gmail.com