O próximo 16 de xuño, o GALP Golfo Ártabro Sur organiza unha nova edición da súa xornada técnica online, centrada nesta ocasión na transición enerxética e a descarbonización no sector pesqueiro. A III Jornada Online:”Avanzando en las energías renovables y la descarbonización del sector pesquero” e será un espazo para coñecer proxectos e experiencias inspiradoras que están a marcar o camiño cara a un futuro máis sostible no mar.
A necesidade de reducir a dependencia dos combustibles fósiles, mellorar a eficiencia enerxética das embarcacións e instalacións, minimizar a pegada de carbono e a economía circular son prioridades que xa están a mobilizar proxectos innovadores en diferentes puntos da costa.
Neste contexto, a xornada organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur ofrecerá un espazo de encontro virtual onde se presentarán iniciativas reais que demostran como é posible avanzar cara a un modelo produtivo máis respectuoso co medio.
A xornada desenvolverase en formato online, a través da plataforma Google Meets, en horario de 10:00 a 13:00 horas.
A asistencia á xornada é totalmente gratuíta, pero é preciso formalizar a inscrición a través do seguinte formulario en liña:
🔗 https://forms.gle/SuGGq1AtfVu64hSs7
Non perdas a oportunidade de coñecer os pasos que xa se están a dar cara a un mar máis sostible. Inscríbete e participa desta III Xornada Online do GALP Golfo Ártabro Sur!
Comentarios recientes