Imaxina o teu proxecto como o imaxinaron outras persoas antes ca ti. Na web e na canle de YouTube de proxectos do GALP Golfo Ártabro Sur pódese consultar unha selección de iniciativas apoiadas polo grupo, que amosan o traballo desenvolvido no territorio ao longo dos últimos anos.

Neste período impulsáronse proxectos moi diversos, relacionados coa modernización de lonxas e postos de venda de peixe, a creación de iniciativas de turismo mariñeiro e pescaturismo, a valorización dos produtos do mar, a mellora de infraestruturas portuarias ou o desenvolvemento de propostas vinculadas á sostibilidade e á innovación no sector pesqueiro.

Esta recompilación permite coñecer exemplos reais de proxectos xa executados no territorio e servir de referencia para aquelas persoas que estean a valorar a presentación dunha nova iniciativa. Ademais, inclúense testemuños de promotores e promotoras, que comparten a súa experiencia e o proceso seguido desde a idea inicial ata a súa posta en marcha.

Como complemento, o GALP Golfo Ártabro Sur dispón dunha lista de reprodución de vídeos en YouTube con diferentes proxectos apoiados, que permite achegarse de forma visual ás actuacións realizadas:
https://youtube.com/playlist?list=PLE5kM0wt2fLol2DrOkUUfxYVjG0nmoxK9&si=tjKCiVzU2ZSEusQM

Desde o GALP Golfo Ártabro Sur lembramos que o equipo técnico está dispoñible para resolver dúbidas, ofrecer información e orientar ás persoas interesadas en presentar un proxecto, co obxectivo de acompañar novas iniciativas que contribúan ao desenvolvemento do territorio.