O GALP Golfo Ártabro Sur financia a instalación dun novo pantalán de vela lixeira, remo-mar e usuarios con mobilidade reducida no Club Náutico de Sada, un proxecto enmarcado na Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo e cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e a Xunta de Galicia.
Trátase dunha actuación de grande impacto para o territorio, que permite optimizar o espazo portuario existente e crear unha infraestrutura moderna, flotante e multifuncional destinada á práctica de deportes náuticos como a vela lixeira e o remo, incorporando ademais solucións específicas para garantir a accesibilidade universal.
O proxecto está especialmente orientado a facilitar o acceso ao mar de persoas con mobilidade reducida, promovendo un uso inclusivo das instalacións e convertendo o porto de Sada nun espazo máis aberto, seguro e adaptado a diferentes necesidades.
A nova infraestrutura contribúe tamén á dinamización da actividade náutica e deportiva, fomentando a participación cidadá, o deporte base e o contacto directo co medio mariño, ao tempo que reforza o papel do club como referente na promoción da náutica accesible e sostible no Golfo Ártabro.
Desde o GALP Golfo Ártabro Sur lembramos que o equipo técnico está dispoñible para resolver dúbidas, ofrecer información e orientar ás persoas interesadas en presentar un proxecto, co obxectivo de acompañar novas iniciativas que contribúan ao desenvolvemento do territorio.
Imaxe: Concello de Sada
Comentarios recientes