A Confraría de Pescadores da Coruña impulsa o proxecto “Mellora Marisqueo Confraría de Pescadores de A Coruña”, unha iniciativa orientada a optimizar a conservación dos produtos pesqueiros e mellorar a eficiencia na xestión e mantemento dos bancos marisqueiros.

No marco deste proxecto incorporáronse novos medios técnicos que permiten avanzar na mellora da actividade marisqueira. Entre eles, destaca a adquisición dunha furgoneta isotérmica, que garante o transporte dos produtos mantendo a cadea de frío, mellorando así a súa calidade, seguridade e trazabilidade.

Así mesmo, a incorporación dun motocultor e dun endeño remolcado con sistema de chorros de auga facilita as tarefas de traballo nos bancos marisqueiros, permitindo o acondicionamento dos substratos intermareais e submareais. Estas actuacións contribúen á recuperación das poboacións naturais de bivalvos e á mellora da biodiversidade da Ría do Burgo.

Trátase dunha iniciativa que combina eficiencia produtiva, sustentabilidade e protección do ecosistema mariño, ao tempo que reforza a profesionalización do sector e apoia a actividade económica e o emprego local.

Un proxecto que aposta por modernizar o marisqueo sen perder de vista o coidado do mar e a súa capacidade de seguir xerando futuro para a costa.

Desde o GALP Golfo Ártabro Sur lembramos que o equipo técnico está dispoñible para resolver dúbidas, ofrecer información e orientar ás persoas interesadas en presentar un proxecto, co obxectivo de acompañar novas iniciativas que contribúan ao desenvolvemento do territorio.