Ábrese unha nova convocatoria de axudas para iniciativas empresariais e sociais vencelleadas ao litoral do Golfo Ártabro Sur 2025. Estas son cofinanciadas pola Conselleria do Mar e o Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) ao abeiro da EDLP. Estas axudas buscan impulsar iniciativas que melloren a competitividade, a sostibilidade e o desenvolvemento local, a través de actividades vencelladas ao mar. Están dirixidas a asociacións, entidades locais ou PEMES que traballen na mellora e sustentabilidade do sector pesqueiro, marisqueiro e noutras actividades marítimas,sempre que os seus proxectos se desenvolvan dentro dos municipios que conforman o territorio do GALP.

Desde o GALP Golfo Ártabro Sur, apoiamos iniciativas que reforcen o tecido produtivo da nosa área, que abrangue Arteixo, A Coruña, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada. A sede fiscal do solicitante pode estar en calquera municipio galego, pero o proxecto debe realizarse nos concellos anteriormente citados.

Que tipos de proxectos se poden presentar?

As axudas do GALP Golfo Ártabro Sur están orientadas a todas as actividades relacionadas co mar e o desenvolvemento local, incluíndo proxectos de innovación tecnolóxica no sector pesqueiro, iniciativas que fomenten a sostibilidade ambiental e aquelas que contribúan á diversificación e ao fortalecemento das tradicións locais nas comunidades pesqueiras.

Quen pode presentar un proxecto?

A convocatoria está aberta a asociacións, entidades locais e PEMES que traballen no sector pesqueiro ou en actividades relacionadas co mar. Se o teu proxecto promove ao litoral, a sostibilidade ou o desenvolvemento local, esta é a túa oportunidade para obter apoio financeiro.

Como se poden beneficiar os proxectos?

Grazas ás axudas do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), o GALP Golfo Ártabro Sur financiará proxectos que melloren a competitividade e a sostibilidade do sector pesqueiro, ademais de fomentar a modernización das actividades marítimas e a preservación do patrimonio local. Se buscas avanzar cara a un negocio diferenciado, esta é a oportunidade ideal para facelo realidade.

Ver convocatoria oficial

Cómo solicitar a axuda

A convocatoria está aberta ata o 21/03/2025 

Infórmate hoxe e comeza a transformar o teu futuro.