Este ano, os Reis Magos pasaron polo GALP Golfo Ártabro Sur cargados de boas noticias e deixaron un agasallo moi especial para toda a nosa comunidade: unha nova web deseñada para facer o proceso de solicitude de axudas máis sinxelo e accesible que nunca.
Máis preto de ti e dos teus proxectos
A nova páxina web, dispoñible en www.galpartabrosur.com, busca facilitar a xestión de proxectos vinculados ao mar e ao noso territorio. Con un deseño intuitivo, poderás atopar toda a información necesaria sobre as axudas dispoñibles, os requisitos e os pasos para presentar a túa solicitude.
Unha experiencia mellorada
Ademais de simplificar o acceso á información, a nova web incorpora recursos útiles para guiarte en cada etapa do proceso. Está deseñada para que todo o mundo poida aproveitar ao máximo as oportunidades que ofrecen as axudas do GALP.
Visítanos e descubre todas as oportunidades
Xa estás a un clic de comezar a facer realidade os teus proxectos! Visita www.galpartabrosur.com, explora todo o que temos para ofrecer e da o primeiro paso cara a un futuro sostible e cheo de posibilidades.