GALP8 004 Apertura, modernización e innovación dun novo posto de venda de peixe
O proxecto
A apertura dunha nova peixería no Mercado de Elviña (A Coruña), promovida por Sonia Amor Ageitos, introduce unha proposta innovadora para comercializar peixe e marisco local. Inclúe unha máquina expendedora refrixerada, pelado mecanizado, básculas con etiquetado avanzado e unha web para venda en liña. As instalacións destacan por cumprir a normativa e un moderno sistema de desxeo.
Adecuación de nave comercial para exposición de mobiliario feito de formigón a partir de residuos valorizados de cáscara de molusco (mexilón). Diversificar a actividade dunha empresa de construcción.
Obxectivo estratéxico da EDLP
O.1. Mellora da competividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministros dos produtos pesqueiros ; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Obxectivos específicos
- O.E.1.1 Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiros locais.
- O.E. 1.1.2 Apostar por um modelo innovador na comercialización dos produtos pesqueiros locais. Promoción de iniciativas innovadoras e modernizadoras para a comercialización dos produtos pesqueiros, adáptandoas á realidade social: vivvendas unifamiliares, produtos precociñados, elaboración novidosas, envasados, etiquetados, etc.
Principais obxectivos do proxecto:
- Apertura e modernización dunha nova peixería no Mercado de Elviña (A Coruña).
- Innovar na comercialización de peixe e marisco local.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:
- Posta en marcha dunha máquina expendedora de peixe e marisco refrixerada, a primeira destas características en Galicia.
- Mellora da trazabilidade e a información ao consumidor mediante etiquetado avanzado.
- Incremento da visibilidade e accesibilidade dos produtos grazas a unha páxina web e venda en liña.
Principais actividades do proxecto:
- Instalación dun sistema moderno de desxeo en tubos perforados con válvulas.
- Incorporación de tecnoloxía innovadora, como unha máquina de pelado mecanizado e básculas electrónicas con etiquetadoras.
- Creación de espazos adaptados á normativa, con mostradores de aceiro inoxidable e metacrilato azul.
- Comunicación e publicidade para destacar o carácter innovador e a calidade dos produtos ofrecidos.
Queres facer un proxecto?
Chama
galpgolfoartabrosur@gmail.com
galp.mar.golfoartabrosur@xunta.gal