GALP8 044 Open Science Cambre
O proxecto
Obxectivo estratéxico da EDLP
O.6. Fomento da cooperación
Obxectivos específicos
- O.E. 6.1; Crear un modelo de cooperación na implementación do programa 2014-2020.
- O.E. 6.1.1: Promover iniciativas de cooperación en diferentes ámbitos.
Principais obxectivos do proxecto:
O principal obxectivo do proxecto foi fomentar a vinculación entre os escolares, a través da ciencia e os experimentos científicos, co sector marítimo e o mundo do mar.
Pretendíase:
- Impulsar experimentos científicos vinculados ao mar para crear a semente da investigación que axude a salvar os nosos mares.
- Fomentar a visión de que o mar é un espazo propicio para a experimentación científica.
- Mostrar proxectos de I+D+i financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur e outras entidades do territorio.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:
Esperábase que o número de experimentos científicos vinculados ao mar presentados na feira fose como mínimo do 50%.
Tamén se agardaba que, a través da participación dos institutos e centros de investigación, se formaran mulleres e homes que no futuro se enfocaran na investigación ou na creación de empresas dentro do sector do mar, promovendo a transferencia de coñecementos entre entidades, empresas, cofradías e o público en xeral do Golfo Ártabro Sur, favorecendo a cooperación a nivel territorial.
Principais actividades do proxecto:
O proxecto realizouse durante 3 días:
- Venres: Chegada e acollida dos participantes.
- Sábado: Inauguración do Open Science Cambre, con exposición dos experimentos nos stands e espectáculos de ciencia na zona de charlas. Pola tarde, presentación e conferencias sobre os experimentos.
- Domingo: A mesma estrutura que o sábado, con entrega de premios e recordos aos participantes e clausura do evento.
Queres facer un proxecto?
Chama
galpgolfoartabrosur@gmail.com
galp.mar.golfoartabrosur@xunta.gal