GALP8 050 Proxecto para a fabricación e comercialización de “Empanadas do Mar” con produtos do Golfo Ártabro
O proxecto
Obxectivo estratéxico da EDLP
O.E. 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento de valor engadido dos productos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de suministro dos productos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Obxectivos específicos
- O.E. 1.1: Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local.
- O.E. 1.1.2.: Apostar por un modelo innovador na comercialización dos productos pesqueiros locais.
Principais obxectivos do proxecto:
O obxectivo do proxecto foi a posta en marcha dunha nova liña de negocio vinculada directamente co territorio para poñer en valor, nun alimento tan galego como é a empanada, os produtos do mar do Golfo Ártabro Sur, unindo tradición e innovación vencellada co territorio, baixo a marca «Empanadas do Mar» e vinculada coa actividade mariñeira, ao tempo que se ampliaba a actividade da empresa cara a un maior valor engadido.
O proxecto tamén buscou potenciar a interacción dunha actividade xa consolidada, o supermercado da empresa, cunha nova liña de negocio centrada nos produtos tradicionais da costa e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, potenciando as sinerxias cos produtores locais para atender a unha demanda cada vez maior de produtos autóctonos, sans, non tratados industrialmente e centrados na economía local e sustentable.
A atención centrábase en dous obxectivos:
- Pór en marcha a liña de negocio «Empanadas do Mar» cun produto diferencial e innovador.
- Abrir e consolidar unha nova fórmula empresarial no territorio, buscando máximas sinerxias coa poboación local.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:
O proxecto pretendeu os seguintes resultados:
- Pór en marcha unha nova fórmula de negocio potenciando a diversificación da economía local e actual da empresa, poñendo en valor a atracción polo produto local derivado da empresa do propio GALP Golfo Ártabro Sur e das excelentes materias primas do territorio.
- Xerar novos empregos no ámbito das actividades locais diversificadoras, ao tempo que se daban máis posibilidades ao emprego indirecto no territorio, tanto no sector do mar como en actividades auxiliares.
- Sentar as bases dun novo modelo de negocio máis orientado á innovación do produto do mar e á súa integración cos produtos autóctonos da Reserva da Biosfera, factores cada vez máis valorados pola poboación, que posibilitaron unha maior consolidación da economía local e o recoñecemento do valor dos produtos da nosa terra.
Principais actividades do proxecto:
As principais actividades do proxecto foron as seguintes:
- Rehabilitación do local comercial emprazado no Lugar da Brea, 44 Guísamo.
- Adquisición e instalación do equipamento e da maquinaria necesaria para a instalación dun obrador de pan e empanadas para permitir a súa elaboración.
Queres facer un proxecto?
Chama
galpgolfoartabrosur@gmail.com
galp.mar.golfoartabrosur@xunta.gal