GALP8 063 Ecoturismo no Golfo Ártabro

O proxecto

O proxecto, impulsado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, busca desenvolver un modelo de turismo sostible baseado no ecoturismo no GALP Golfo Ártabro Sur. O obxectivo é crear emprego e impulsar a economía nos concellos costeiros mediante a promoción do patrimonio do mar e do litoral. Inclúe a colaboración entre os sectores do mar, turismo e hostalería, e a creación de produtos ecoturísticos, cun enfoque na desestacionalización e a promoción de actividades sostibles vinculadas ao mar.

Obxectivo estratéxico da EDLP

O.2. Creación de emprego e oportunidades a través de diversificación da economía local das zonas costeiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en sentido amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento de emprego.

Obxectivos específicos

  • O.E. 2.1.: Identificar ao final o período, ao Golfo Ártabro como un destino turístico de referencia a nivel ambiental, paisaxístico e mariñeiro dentro do xeodestino Rías Altas.

Principais obxectivos do proxecto:

O obxectivo xeral do proxecto foi identificar e promover novas oportunidades de creación de emprego apostando por un modelo de turismo sostible (Ecoturismo). A posta en marcha deste modelo turístico favoreceu o crecemento económico e a creación de emprego nos concellos costeiros, con maior vocación mariñeira. O turismo exerceu de motor do resto de actividades económicas (sector produtor e transformador, aloxamentos, servizos, etc.).

Os obxectivos específicos foron:

  • Poñer en valor o patrimonio do mar e do litoral a través de novos produtos turísticos.
  • Articular unha oferta turística baseada no patrimonio e nos recursos do mar e do litoral, buscando a desestacionalización e os novos públicos.
  • Promover a cooperación entre o sector do mar, o sector do turismo e a hostalería, as administracións locais e o resto do tecido produtivo, forxando alianzas duradeiras cara a un futuro.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:

Os principais resultados previstos foron os seguintes:

  • Promover a creación de emprego e a posta en marcha de novas actividades económicas entre a comunidade costeira, ligadas ao turismo sostible.
  • Diversificar as actividades realizadas no marco da pesca, como foron as iniciativas de turismo mariñeiro.
  • Empregar as novas tecnoloxías para dar a coñecer os recursos do mar e do litoral no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Sur.
  • Implicar ao sector do turismo e a hostalería na posta en valor e difusión dos recursos mariños e de litoral, no ámbito do GALP Golfo Ártabro Sur.

Principais actividades do proxecto:

Entre as actividades programadas estiveron as de xerar un Grupo de Traballo de empresas do mar e turísticas, así como de entidades locais e outros axentes de interese, que definisen novos produtos turísticos vinculados co litoral, a costa e o mar dos concellos do GALP Golfo Ártabro Sur.

Definíronse, como mínimo, tres produtos ecoturísticos no Golfo Ártabro, interconectados entre si, e capacitouse ao empresariado relacionado con estes produtos co obxectivo de coñecer as bases do Ecoturismo e interconectar distintas actividades sectorialmente.

Dinamizouse o proxecto a través das redes sociais, mediante persoal propio, e elaboráronse distintos materiais promocionais para o lanzamento destes produtos, incluíndo unha visita de familiarización por parte dos axentes de interese.

Este proxecto tamén pivotou na mellora da comercialización e promoción dos produtos do mar e o litoral, principalmente nas canles cortes (restaurantes que consumiron produto local), conectando estes produtos coa demanda existente na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, así como na cidade da Coruña.

En definitiva, tratouse de articular un destino Ecoturístico con produtos turísticos vinculados co mar e co litoral, e posicionándoo como un destino de Ecoturismo a nivel estatal.

Queres facer un proxecto?

Chama

Email

galpgolfoartabrosur@gmail.com
galp.mar.golfoartabrosur@xunta.gal