O GALP Golfo Ártabro Sur vén de facer pública a proposta da resolución definitiva da súa convocatoria de axudas FEMPA 2025, tras rematar o prazo de alegacións sen recibir reclamacións. A Xunta Directiva do grupo aprobou 33 dos 35 proxectos presentados, cunha inxección económica superior a 1,5 millóns de euros, procedentes en boa medida do sector pesqueiro.
A distribución dos fondos foi a seguinte:
- 892.900,52 € para proxectos non empresariais e promovidos por concellos
- 667.060,33 € para proxectos empresariais
As iniciativas seleccionadas responden aos obxectivos da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP, e contribúen a fortalecer o tecido económico, social e ambiental do Golfo Ártabro Sur.
Estes fondos, no marco do FEMPA 2021-2027, contribuirán a mellorar a calidade de vida da poboación costeira, dinamizar a economía local, diversificar actividades e reforzar o papel do sector pesqueiro no desenvolvemento do territorio.
Seguimos a impulsar proxectos que contribúen ao desenvolvemento local sostible do noso territorio. Actualmente estamos traballando na preparación da próxima convocatoria, polo que animamos a todas aquelas persoas ou entidades con ideas ou iniciativas a achegarse ao grupo e informarse sobre as diferentes vías de apoio dispoñibles.
📎 Consulta aquí a resolución definitiva:
https://galp.xunta.gal/golfo-artabro-sur/proposta-definitiva-galp-golfo-artabro-sur
Comentarios recientes