O GALP Golfo Ártabro Sur realizou o proxecto GALP8-054, que ten como finalidade a mellora da capacidade e funcionalidade dos servizos no porto de Lorbé, unha infraestrutura fundamental para o desenvolvemento da pesca artesanal e a acuicultura na comarca.
Este proxecto consistiu na adquisición, instalación e posta en marcha de dous equipamentos fundamentais para a operatividade portuaria: unha grúa con capacidade para levantar cargas de ata dúas toneladas e unha carretilla de alta operatividade. A incorporación destes equipos permite optimizar significativamente as operacións de carga e descarga de peixe e materiais, contribuíndo á redución dos custos operativos e aumentando a seguridade das tarefas realizadas.
O porto de Lorbé, situado no municipio de Oleiros e preto dos límites con Sada, é un punto estratéxico dentro do sector mariño, utilizado intensivamente pola comunidade pesqueira e acuícola. Grazas á execución deste proxecto, melloráronse as infraestruturas do porto, incrementouse a súa eficiencia e reforzouse a súa competitividade, consolidándoo como un motor económico fundamental para o sector e para o desenvolvemento socioeconómico da súa contorna.
Ademais, esta actuación contribúe a garantir a sustentabilidade e modernización das instalacións, facilitando que os profesionais do mar dispoñan de ferramentas e servizos adaptados ás necesidades actuais, o que favorece a calidade do traballo e a seguridade laboral.
Para coñecer con máis detalle o impacto e as características deste proxecto, se che interesa coñecer máis sobre este proxecto, podes facelo da man do promotor neste enlace. E se queres coñecer máis proxectos interesantes podes facelo na nosa canle de youtube ou na nosa web
Desde o GALP Golfo Ártabro Sur seguimos comprometidos coa promoción e fortalecemento do sector mariño, apostando por proxectos que impulsen a innovación, a competitividade e o benestar da nosa comunidade.
Comentarios recientes