Proxectos

Impulsando as túas ideas

O valor dos proxectos do GALP Golfo Ártabro Sur

Cada proxecto financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur é unha mostra do compromiso coa sostibilidade, a innovación e a preservación do noso patrimonio costeiro. Estes proxectos destacan polo seu impacto positivo na economía local, no medio ambiente e na identidade mariñeira da nosa comunidade. Nesta sección atoparás exemplos que reflicten como o noso apoio impulsa iniciativas transformadoras e contribúe ao futuro das zonas costeiras. Se tes unha idea que pode marcar a diferenza, tamén che mostramos como unirte a esta labor colectiva.

Impulsa tus proyectos con el GALP Golfo Ártabro Sur

Impulsando o desenvolvemento sostible das zonas costeiras

Iniciativas exemplares que representan o impacto positivo das nosas axudas no desenvolvemento sostible das zonas costeiras. Estas actuacións demostran como o apoio do GALP Golfo Ártabro Sur contribúese á dinamización económica, á preservación do patrimonio mariñeiro e á protección do medio ambiente.

Proxectos financiados

en axudas concedidas

anos impulsando proxectos

Proxectos do GALP Gólfo Ártabro Sur

Escribiron unha nova páxina no futuro da súa comunidade

GALP8 018 Exposición de mobiliario de Hormigón Reciclado producido con cáscara de mejillón
Exposición de mobiliario de formigón reciclado, producido con cáscara de mexillón
Medioambiente

Construcciones M. A. Ramos S.L.

GALP8 004 Apertura, modernización e innovación nuevo puesto de venta de pescado
Apertura, modernización e innovación dun novo posto de venda de peixe
Valor engadido

Sonia Amor Ageitos

Open Science Cambre proyecto desarrollado por el GALP Golfo Ártabro Sur
Open Science Cambre
Sociocultural

Concello de Cambre

Ecoturismo no Golfo Ártabro
Ecoturismo no Golfo Ártabro
Diversificación

Asociación Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos

Proxecto para a fabricación e comercialización de “Empanadas do Mar” con produtos do Golfo Ártabro
Proxecto para a fabricación e comercialización de “Empanadas do Mar” con produtos do Golfo Ártabro
Valor engadido

Inversiones Moroan S.L.

9

Quen pode presentar un proxecto?

As axudas do GALP Golfo Ártabro Sur están dirixidas a entidades, empresas e particulares interesados en impulsar o desenvolvemento sostible e a conservación do patrimonio nas zonas costeiras. Descubre se a túa idea encaixa e os requisitos que precisas cumprir para optar a este apoio.

9

Como presentar un proxecto?

Queres desenvolver un proxecto que contribúa ao futuro sostible das nosas zonas costeiras? No GALP Golfo Ártabro Sur, ofrecemos apoio para converter as túas ideas en realidade. Descubre os pasos para presentar o teu proxecto:

  • Revisa as bases e condicións das axudas.
  • Prepara a documentación necesaria.
  • Cumprimenta o formulario de solicitude.

Únete á nosa comunidade e sé parte do que estamos a crear!

Síguenos nas redes sociais para estar ao día de todas as novidades do GALP Golfo Ártabro Sur. Mantente conectado co mar, a pesca sostible e a nosa tradición costeira.