SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL NA ASOCIACIÓN «GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO GOLFO ÁRTABRO SUR»
Unha vez rematado o prazo para a presentación de alegacións sen que
se teña presentado ningunha e seguindo co proceso de selección e
contratación do posto indicado, a través da presente comunícase a
puntuación final acadada polas persoas admitidas definitivamente na
realización da proba escrita sobre os coñecementos relativos á
actividade do GALP Golfo Ártabro Sur e a normativa de aplicación técnica
que se establece nas bases do dito proceso.
Tras a realización da proba escrita continuarase co proceso de
selección coa valoración do perfil profesional das candidaturas que
teñen superado a mencionada proba escrita.
Comentarios recientes