Publicacion: 
04/11/2024

SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL NA ASOCIACIÓN «GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO GOLFO ÁRTABRO SUR»

 

PUBLICACIÓN
DO RESULTADO DEFINITIVO ACADADO POLAS PERSOAS ADMITIDAS NA ENTREVISTA
PERSOAL E DOS RESULTADOS FINAIS DO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE PERSOAL TÉCNICO (TECGALP-GAS/2024)AQUI

Seguindo co proceso de selección e contratación do posto indicado, a través da presente:

  1. comunícase a puntuación definitiva acadada polas persoas
    admitidas na realización da entrevista persoal coa finalidade de
    acreditar oralmente as súas competencias e habilidades individuais ao
    posto que se establece nas bases do dito proceso.
  2. E unha vez rematado todo o proceso de selección de persoal do
    encabezado, a continuación publícase a listaxe coa puntuación acadada
    polas persoas aspirantes que tiveron participado nas tres etapas do
    mesmo.
  3. Seguidamente, atendendo ao estipulado nas bases reguladoras do proceso de selección, a
    persoa candidata con maior puntuación ten sido a proposta á Presidencia
    e á xunta directiva do GALP GAS para a súa contratación para o posto
    .Neste sentido, será
    preciso a aceptación por escrito do cargo nun prazo máximo de 5 días
    hábiles trala súa correspondente notificación, entendéndose por esta a
    publicación desta comunicación nas dúas páxinas web establecidas nas
    bases da convocatoria
    .Con carácter previo á sinatura do dito
    contrato laboral deberá, como requirimento imprescindible, asinar unha
    declaración na que conste que non está incursa nas causas de
    incompatibilidade aplicables ao persoal ao servizo da Comunidade
    Autónoma de Galicia, así como no caso de que cambien as circunstancias
    que poidan afectar a compatibilidade.
  4. Finalmente, dado que só unha persoa candidata pasou á entrevista persoal, considérase deserta a lista de agarda