O vindeiro 7 de maio ás 17:00 horas, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira será o punto de encontro da xornada “Relevo Xeracional: O Futuro do Mar”, unha cita que pon o foco nun dos grandes retos actuais do sector marítimo-pesqueiro: garantir a continuidade da actividade e favorecer a incorporación de novas xeracións.

Nun contexto no que o sector afronta cambios estruturais e desafíos de relevo profesional, este encontro busca abrir espazos de reflexión e conexión real entre o mundo educativo e o mundo laboral do mar.

A xornada está dirixida a profesionais da pesca, armadores, alumnado de Formación Profesional marítimo-pesqueira e a todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man as oportunidades que ofrece o sector, así como o papel clave da Formación Profesional Dual como vía de acceso e inserción profesional.

Máis alá da información, o encontro concíbese como un espazo de diálogo e intercambio de experiencias, favorecendo o contacto entre xeracións e a creación de sinerxías entre o sistema formativo e o tecido produtivo vinculado ao mar.

Ademais, compre salientar a participación activa de entidades vinculadas ao territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, así como a presenza de varias entidades socias  do GALP como relatores nas mesas de debate, achegando a súa experiencia directa e contribuíndo ao enriquecemento das reflexións que se desenvolverán ao longo da xornada. 

Inscricións:
info@arenariacoordinacion.com
633 33 54 63 | 696 111 426
Indicar nome, apelidos, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto