O pasado luns 18 de agosto celebrouse na sede do GALP Golfo Sur unha sesión informativa dirixida aos promotores de proxectos aprobados na última convocatoria de axudas. O encontro forma parte do noso seguimento próximo e personalizado ás iniciativas.

Esta xornada non só tivo como obxectivo explicar os trámites vinculados á execución das subvencións, como anticipos, prórrogas, modificacións ou xustificacións, senon tamén consolidar unha relación directa e fluida entre o equipo técnico do GALP e os promotores. A través dun enfoque práctico orienta á resolución de dúbidas.

Os asistentes recibiron documentación práctica e instrucións claras que lles permitirán completar cada trámite de maneira sinxela e dentro dos prazos establecidos, co fin de evitar erros e garantir que todo o proceso se desenvolva sen incidencias.

Dende o GALP Golfo Ártabro Sur acompañamos aos nosos promotores en todo o camiño orientando durante todas as fases do proxecto. Por iso apostamos por encontros coma este, que permiten mellorar a coordinación e anticipar posibles dudas.

A elevada participación nesta sesión confirma a implicación activa dos promotores e a a necesidade de continuar ofrecendo espazos de apoio técnico e asesoramento directo para garantir cada iniciativa.

No GALP reforamos o noso papel como entidade facilitadora, proxima e comprometida co territorio. Lembramos tanto aos promotores como a novas personas ou entidades que queran desenvolver o seu proxecto que o noso equipo está dispoñible para atender as súas consultas por teléfono, correo electrónico ou de forma presencial na nosa sede en Sada.