saber do mar
Que é Saber do mar?
O mar forma parte da nosa identidade, da nosa cultura e do noso modo de vida. Coñecelo é o primeiro paso para valoralo, coidalo e defendelo. Desde o GALP Golfo Ártabro Sur puxemos en marcha un repositorio documental aberto e accesible, pensado para quen quere saber máis sobre o noso territorio costeiro: profesionais do mar, investigadores, docentes, estudantes ou calquera persoa interesada na riqueza do noso entorno mariño.
Descubre o Golfo Ártabro Sur a través do seu coñecemento mariño
-
Calendario de peixes e mariscos de tempada
Para saber cales son as mellores épocas para consumir produto local, fresco e sostible. Unha guía práctica para consumir con sentido e apoiar a economía pesqueira. -
Artes de pesca e especies
Un percorrido polas técnicas tradicionais e actuais empregadas na nosa costa, e polas especies máis representativas que forman parte do noso patrimonio natural e gastronómico. -
Recursos ambientais
Información sobre o medio mariño, hábitats costeiros e zonas de especial interese ecolóxico do Golfo Ártabro Sur. Unha ollada á biodiversidade que nos rodea e que cómpre protexer. -
Infraestruturas mariñas
Mapeo dos portos, lonxas, instalacións e servizos que sosteñen a actividade mariñeira e marisqueira da nosa zona. Coñece o tecido que fai posible a vida no mar. -
Patrimonio sociocultural ártabro
Recollida do legado cultural das comunidades mariñeiras do territorio. - Profesións do mar
Un achegamento ás diferentes actividades profesionais vencelladas ao mar.
Este repositorio irá medrando con novos contidos, actualizacións e achegas do territorio. É un recurso para coñecer mellor o noso mar, valoralo como se merece e implicarnos no seu futuro.
Únete á nosa comunidade e sé parte do que estamos a crear!
Síguenos nas redes sociais para estar ao día de todas as novidades do GALP Golfo Ártabro Sur. Mantente conectado co mar, a pesca sostible e a nosa tradición costeira.