GALP Golfo ártabro sur
Preservamos o pasado e impulsamos o futuro costeiro.
Quen somos
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa de forma colaborativa para promover o desenvolvemento sostible e impulsar o sector pesqueiro nas comarcas do Golfo Ártabro. Conformado por unha ampla base social, o GALP busca mellorar a calidade de vida das comunidades pesqueiras, preservando o noso patrimonio marítimo e promovendo a cooperación entre diferentes sectores.
A nosa historia
O GALP Golfo Ártabro Sur nace co espírito mariñeiro que caracteriza a nosa costa, evolucionando dende o Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro, fundado en 2008. Ao longo dos anos, este grupo transformouse nun motor esencial para o desenvolvemento sostible do sector pesqueiro na comarca, sempre co apoio do Fondo Europeo da Pesca (FEP) e da Consellería do Mar. Entre 2009 e 2015, impulsamos 43 proxectos que reforzaron o noso compromiso co mar e a súa xente.
En 2017, adaptámonos á nova normativa dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, ampliando o noso alcance territorial para incluír concellos como Arteixo, A Coruña, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada e Bergondo. Co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), financiamos 113 proxectos máis, investindo case 3 millóns de euros en iniciativas que fortalecen a nosa identidade mariñeira e aseguran un futuro sustentable para as nosas comunidades costeiras.
O noso percorrido reflicte a nosa dedicación ao Golfo Ártabro Sur, un compromiso constante por preservar a riqueza do mar e fortalecer o legado costeiro para as futuras xeracións.
Como nos organizamos
O GALP Golfo Ártabro Sur conta cun sistema de gobernanza participativa a través de dous órganos principais:
- Asemblea Xeral de Socios composta por 47 entidades
- Xunta Directiva, composta por por 17 membros de diferentes sectores:
resentantes do mar
dos concellos
do sector empresarial
do sector social e ambiental
As nosas mesas de traballo
Organizámonos en catro mesas de traballo, cada unha dedicada a un ámbito específico para potenciar a colaboración e o desenvolvemento.
A nosa organización busca ser un exemplo de cooperación e traballo en rede, unindo ao sector público, privado e social para un desenvolvemento integrado e sostible do noso territorio.
Mesa do Sector do Mar
Agrupa as Confrarías de Pescadores, Asociación de Redeiras, Fundacións e Organizacións de Produtores.
Mesa do Sector Público
Integrada polos representantes dos Concellos socios.
Mesa do Sector Empresarial
Formada polas asociacións empresariais do territorio.
Mesa do Sector Social
Inclúe entidades de diversidade funcional, deportes, cultura e medioambiente. Dentro desta mesa, existen tres subsectoriais:
- Mesa do Medioambiente
- Mesa de Mulleres
- Mesa de Entidades de Diversidade Funcional, Deportivas, Sociais e Culturais
a nosa edlp
Promovemos o desenvolvemento sostible e inclusivo das comunidades costeiras
A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Sur é un plan elaborado coa colaboración activa das comunidades costeiras e entidades locais. Esta estratexia céntrase en identificar as necesidades, fortalezas e oportunidades do territorio, promovendo accións que melloren a economía local e a calidade de vida na zona. Empregando unha metodoloxía participativa, a EDLP organiza encontros e consultas públicas para garantir que todas as voces sexan escoitadas, desde o sector pesqueiro ata o ámbito cultural e ambiental.
O proceso de creación da EDLP pasa por varias fases, incluíndo a análise diagnóstica do territorio, a definición de obxectivos e accións concretas, e finalmente, a aprobación e revisión. A través desta estratexia, o GALP busca fortalecer a identidade costeira e desenvolver proxectos sustentables que impulsan o futuro das comunidades mariñeiras, sempre coa mirada posta na sostenibilidade e no crecemento inclusivo.
Únete á nosa comunidade e sé parte do que estamos a crear!
Síguenos nas redes sociais para estar ao día de todas as novidades do GALP Golfo Ártabro Sur. Mantente conectado co mar, a pesca sostible e a nosa tradición costeira.
A nosa base social
A nosa forza radica na colaboración entre diferentes entidades e organizacións do territorio. Formamos unha rede que inclúe:
Entidades do Sector do Mar
Confrarías de pescadores, asociacións de redeiras, fundacións e organizacións de produtores.
Entidades do Sector Público
Concellos de Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo.
Asociacións Empresariais e Culturais
Entidades que representan a vida social, empresarial e medioambiental do noso territorio, como os Clubes Náuticos e as ONGs locais.