O pasado 26 de xaneiro, o GALP Golfo Ártabro Sur recibiu a visita de 35 alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo, nunha charla informativa dedicada a dar a coñecer os oficios do mar.
Durante a sesión, o alumnado puido coñecer de primeira man as profesións do sector pesqueiro, o funcionamento desta actividade e a súa importancia para o desenvolvemento social e económico das comunidades costeiras. A visita incluíu explicacións sobre as tarefas de mariñeiros, mariscadores e outros profesionais do mar, así como a relevancia da pesca sostible e do coidado do territorio.
A actividade realizouse coincidindo co Día do Pescador, unha data sinalada para poñer en valor o oficio, visibilizar o traballo das persoas do mar e reflexionar sobre a importancia do relevo xeracional para garantir o futuro do sector pesqueiro.
O GALP Golfo Ártabro Sur reafirma así o seu compromiso coa educación e a difusión do coñecemento sobre a economía azul e as profesionais do mar, fomentando a implicación das novas xeracións no mantemento e desenvolvemento do sector.
Comentarios recientes