O GALP Golfo Ártabro Sur celebrou o pasado 23 de xaneiro unha xornada informativa sobre a nova convocatoria de axudas 2026, co obxectivo de achegar ás persoas e entidades interesadas as principais novidades da orde e facilitar información práctica para a preparación e presentación de proxectos.
Durante a sesión déronse a coñecer os aspectos máis relevantes da convocatoria, facendo especial fincapé nas novidades introducidas nesta edición, así como nos requisitos, tipoloxías de proxectos subvencionables e no proceso de solicitude das axudas. A xornada permitiu resolver dúbidas e ofrecer orientación directa ás persoas asistentes interesadas en presentar iniciativas no marco da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP.
Lembramos que o prazo de presentación de solicitudes remata o 16 de febreiro, animando ás persoas promotoras a informarse con tempo e a preparar correctamente a documentación necesaria.
Toda a información sobre a convocatoria, así como a documentación completa e os modelos descargables, están dispoñibles na web www.galpartabrosur.com. Ademais, o equipo técnico do GALP continúa á disposición das persoas interesadas para ofrecer asesoramento e acompañamento na preparación dos proxectos.
Comentarios recientes