Oportunidade para impulsar proxectos vinculados ao mar e ao desenvolvemento local

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur anuncia a apertura da convocatoria de axudas pesca para o ano en curso, cun orzamento total de 1.500.000€. Esta iniciativa busca impulsar proxectos marítimos innovadores e sostibles que contribúan ao desenvolvemento local e á mellora da calidade de vida nas comunidades costeiras da rexión.

Quen pode solicitar as axudas?

As axudas GALP Golfo Ártabro Sur están dirixidas a asociacións, entidades locais e pemes con sede en calquera concello galego, pero que desenvolvan a actividade subvencionable nos concellos de A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada. Os proxectos presentados deben estar vinculados ao sector pesqueiro, ao turismo, á economía azul, á sostibilidade mariña, ao patrimonio ou calquera outra actividade ligada ao litoral . O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 21 de marzo.

Xornadas informativas para resolver todas as dúbidas

Co obxectivo de facilitar información e resolver as dúbidas sobre o proceso de solicitude, o GALP organiza dúas xornadas informativas nas que se explicarán os requisitos, os tipos de proxectos financiables e os pasos necesarios para acceder a estas axudas.

  • Venres 7 de marzo, 17:30h: Oficinas do GALP (Av. do Porto 21, baixo, Casa do Mar, Sada).
  • Luns 11 de marzo, 10:00h: Modalidade presencial (oficinas do GALP) e online.

A inscrición é gratuíta e pódese formalizar a través do seguinte formulario: Formulario de inscrición.

Tipos de proxectos financiables:

As axudas GALP Golfo Ártabro Sur apoian unha ampla variedade de proxectos, incluíndo:

  • Propostas que promoven a diversificación do sector pesqueiro.
  • Iniciativas que fomentan o turismo mariñeiro sostible.
  • Proxectos de conservación e valorización do patrimonio mariñeiro.
  • Accións que impulsan a innovación e a tecnoloxía no sector pesqueiro.
  • Propostas que melloran a comercialización dos produtos pesqueiros locais.

Como solicitar a túa axuda:

  • Consulta as bases da convocatoria no DOG.
  • Visita a nosa páxina web para obter información detallada sobre o proceso de solicitude.
  • Contacta co GALP Golfo Ártabro Sur a través do teléfono 881 89 64 17 ou do correo galpgolfoartabrosur@gmail.com.

Non perdas esta oportunidade única de impulsar o desenvolvemento sostible da nosa costa!