O GALP Golfo Ártabro Sur celebrou unhas xornadas informativas dirixidas ás entidades beneficiarias da convocatoria 2025 co obxectivo de facilitar o proceso de xustificación dos proxectos aprobados. Serviron para resolver dúbidas e ofrecer asesoramento directo sobre a documentación e os procedementos necesarios.
Durante as xornadas abordáronse cuestións clave como a presentación de gastos subvencionables, a preparación dos informes técnicos e económicos, así como as boas prácticas para garantir unha correcta execución e xustificación das axudas.
Desde o GALP Golfo Ártabro Sur reafirmamos o noso compromiso co acompañamento ás entidades promotoras, promovendo unha xestión eficaz dos fondos e o éxito dos proxectos que contribúen ao desenvolvemento sostible do territorio.
Estas accións forman parte do labor continuo do GALP para fortalecer o tecido social e económico ligado ao mar, impulsar a cooperación local e fomentar iniciativas que poñan en valor o patrimonio mariñeiro e os recursos costeiros.
Comentarios recientes