Xustificación de proxectos

Xustificación

9

Como presentar a xustificación de axudas

Logo de executar o proxecto dentro do prazo indicado na resolución da concesión da axuda, o beneficiario debe presentar a documentación ante o GALP a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), antes do prazo de xustificación indicado na resolución de concesión (habitualmente o 31 de outubro). A continuación descríbese a documentación a presentar

Podes descargalos aquí

9

Pasos para presentar a túa xustificación

Moi importante a ter en conta:
No caso de solicitar un pagamento parcial que supere os 18.000 euros, será obrigatorio a presentación dun aval solidario da entidade de crédito, que deberá cubrir o 110% do importe das cantidades abonadas á conta ou que se anticipen, de conformidade co disposto no artigo 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepto nos casos previstos no artigo 65.4 dese decreto. O aval será depositado na caixa xeral de depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia e deberán alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación previsto (artigo 24 da Orde de Axudas). As garantías serán liberadas despois de que se comprobe a realización do proxecto ou das accións independentes que o compoñan.
  • Anexo V: Solicitude de Pago de Axuda
    Ver modelo
  • Memoria Xustificativa
    Deberá presentarse unha memoria que acredite a realización do proxecto, destacando especialmente os obxectivos acadados. Neste caso, tamén é necesario incluir a publicidade do proxecto. CÓMPRE acreditar a difusión do proxecto co logotipo da axuda comunitaria (por exemplo, en carteis, placas, vallas…). É recomendable contactar co equipo técnico do GALP para confirmar os modelos de publicidade antes de implementalos.
    Ademais, se se tratase de proxectos de rehabilitación, será necesario colocar un cartel de obra.

    Ver modelo

  • Anexo VI: declaración responsable de axudas recibidas e solicitadas
    Este anexo debe ser completado coa declaración responsable das axudas que se recibiron ou se solicitaron para o mesmo proxecto.
    Ver modelo
  • Relación de orzamentos
    Ver modelo
  • Relación de facturas
    Deberá presentarse unha relación de custos individualizados para cada actuación, indicando se están ou non sometidos ao IVe. No caso das facturas, debe especificarse o número de factura, nome da empresa emisora e NIF, importe total desagregado co IVe, data de emisión e data de pagamento.
    Ver modelo
  • Facturas
    Deberán presentarse facturas orixinais que correspondan cos custos indicados na relación presentada anteriormente. As facturas deben ser detalladas ao máximo posible e coincidir cos orzamentos presentados na solicitude.
  • Pagos
    Os xustificantes bancarios (transferencia ou certificación bancaria) deben incluír a información sobre o número de factura, o titular da conta, a identificación do destinatario do pagamento e a data do pagamento.A data de emisión destes xustificantes debe ser posterior á data de solicitude de axuda, e terán como límite o último día do prazo de execución e xustificación.
  • Relación de ofertas solicitadas e elexidas
    Se se comunicou un cambio de provedor, é importante actualizar a relación de ofertas presentadas e elixidas. Ver modelo
  • Declaración de non vinculación cos provedores
    Deberase presentar unha declaración que acredite que non existe vinculación entre o solicitante da axuda e o provedor elixido. Deberase demostrar que se entregaron tres ofertas de distintos provedores.
    Ver modelo
  • Contabilidade separada
    As entidades beneficiarias deben demostrar que levan contabilidade separada ou un sistema de codificación contable adecuado para os gastos relacionados coa subvención. O incumprimento pode levar á penalización da axuda
  • Modelo de placa/valla de publicidade das axudas
    Será facilitado polo equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur unha vez recibida a resolución do proxecto
  • Fotos do proxecto
    Deberase acreditar fotográficamente a realización do proxecto e/ou actividades.
  • Declaración de mantemento de requistos
    Ver modelo
  • Contratación de Persoal
    No caso de gastos de persoal, deben presentarse os seguintes documentos:
    1. Contrato laboral co proxecto especificado.
    2. Nóminas do persoal.
    3. Documentos de cotización á Seguridade Social.
    4. Declaración e liquidación do IRPF.

    Se se valorou a creación de emprego cualificado, debe acreditarse que os contratos laborais se axustan á cualificación comprometida.
    Dentro dos gastos de persoal, as obrigas tributarias e de Seguridade Social que non se poidan facer efectivos na data límite de xustificación, poderán xustificarse no primeiro trimestre do exercicio seguinte.

    Ver modelo 

  • Mantemento de emprego
    Se se valorou a creación de emprego na selección do proxecto, considerase válida a xustificación coa plantilla media de traballadores e o Informe de Traballadores en Alta.

    Ver modelo

  • Aval bancario
    En caso de que se solicite un pagamento parcial superior aos 18.000€, será obrigatorio presentar un aval bancario que cubra o 110% do importe. Ten que estar depositado en “A Caixa Xeral de Depósitos” da Xunta de Galicia
    1. Certificacións de estar ao corrente de pago
      Certificacións de que a entidade está ao corrente de pagamento dos seus deberes tributarios co Estado, a Comunidade Autónoma e a Seguridade Social.
    2. Permisos, Autorizacións e Licenzas
      A documentación que acredite a titularidade dos permisos, autorizacións, informes e licenzas necesarias para a actividade do proxecto. Inclúen permisos de obra e licenzas de construción.

      No caso das licenzas de obra o importe do Proxecto de execución material non poderá ser inferior ao importe do proxecto subvencionado. A acreditación dos cumprimentos dos requisitos medioambientais establecidos no artigo 16.1, letras k) a o), realizaranse cos informes ou autorizacións pertinentes.

    3. Alta de Nova Actividade
      No caso de dar de alta unha nova actividade, deberá presentarse a documentación fiscal correspondente (Modelo 036, IAE, etc.).
    4. Proxecto Técnico
      Para proxectos que requiran proxecto técnico de obra, deberá achegarse un resumo do orzamento aceptado, así como certificacións de obra asinadas por un técnico competente.
    5. Certificados de Xestión de Residuos
      Se o proxecto inclúe obras, deberá presentar os certificados de xestión de residuos de construción e demolición que acrediten o reciclaxe e recuperación dos residuos para acreditar o requisito establecido no artigo 4.2. K
    6. Relación de Equipamento
      Para a adquisición de maquinaria ou equipamento, deberá presentarse unha relación detallada de cada equipo adquirido (marca, modelo, número de serie) e a factura correspondente.
      Ver modelo
    7. Bens iInscribibles no Rexistro Público
      Se se adquiriu algún ben inscribible (como embarcacións ou vehículos), deberá presentarse a documentación acreditativa da inscrición no rexistro público correspondente.
    8. Memoria de Actividades
      Para actividades como seminarios ou cursos, deberá presentarse unha memoria detallada da actividade realizada, incluindo a temática, os obxectivos acadados e os participantes.
      Ver modelo
    9. Estudos, Proxectos Técnicos, Planos, etc.
      Para xustificar a realización de estudos ou proxectos técnicos, deberá entregarse un exemplar en soporte informático adecuado para a súa difusión.
    10. Poder adxudicador
      Se a persoa beneficiaria actúa como poder adxudicador, deberá achegar toda a documentación relacionada co proceso de contratación, incluíndo a identificación do contratista e os detalles dos contratos. Nos termos da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público.
      • Nome e apelidos
      • Data de nacemento
      • Número de identificación fiscal a efectos do IVE
      • Contratos (data do contrato, nome, referencia e importe do contrato)

      Así mesmo, no caso de contratos de valor superior a 50.000€, se o contratista, recorrese a subcontratistas deberá achegar a seguinte información dos subcontratos correspondentes ao primeiro nivel de subcontratación:

      • Nome e apelidos
      • Número de identificación fiscal a efectos do IVE
      • Información sobre os subcontratos (data do contrato, nome, referencia e importe do contrato)
    • Calquera outra documentación que se considere para facilitar a comprensión e comprobación da execución do proxecto, poderá ser aportada voluntariamente ou requirida polo GALP Golfo Ártabro Sur
    • Ver toda a documentación da Convocatoria de Axudas
      É fundamental que todos os documentos se presenten antes do prazo de xustificación para garantir o cumprimento dos requisitos e evitar posibles penalizacións. Para calquera dúbida, contacta co equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur

      É fundamental que todos os documentos se presenten antes do prazo de xustificación para garantir o cumprimento dos requisitos e evitar posibles penalizacións. Para calquera dúbida, contacta co equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur