Baixo o lema ‘Come o mar, come saúde’, os establecementos participantes ofrecerán, do 22 de outubro ao 22 de novembro, suxestións e menús saudables deseñados en colaboración con nutricionistas e integrados nas súas cartas habituais.
Os produtos do mar están cheos de sabor e tamén de propiedades nutricionais. Co obxectivo de divulgar os beneficios que o peixe, o marisco, os moluscos e as algas teñen no noso benestar, o GALP Golfo Ártabro Sur participa no proxecto de cooperación Pesca Saúde, unha iniciativa que une os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) e os establecementos de restauración para promover o consumo de produtos do mar e fomentar hábitos de alimentación saudables.
A través desta iniciativa, nove restaurantes do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur súmanse aos denominados «Menús Pesca Saúde», propostas que combinan gastronomía, nutrición e produto de proximidade. Os establecementos levan meses traballando co equipo de nutricionistas do proxecto para elaborar menús personalizados, integrados na súa oferta habitual, e destacar pratos das súas cartas que responden a estes criterios.
A lista completa dos establecementos participantes e os seus menús pode consultarse na web do proxecto, pescasaude.gal, onde tamén se pode descargar información nutricional sobre os produtos presentes en cada proposta. No territorio do GALP Golfo Ártabro Sur participan A’ Cortiña de Lorbé (Oleiros), Restaurante Licar (Sada), La Terraza (Sada), Restaurante San Isidro (Bergondo), El de Alberto (A Coruña), Restaurante Pirixel (Arteixo), La Marina by María (A Coruña), El Gallo de Oro & Varmouth (Arteixo) e Buxo Taberna (Cambre). Os menús estarán dispoñibles entre o 22 de outubro e o 22 de novembro.
Que é Pesca Saúde?
Pesca Saúde nace como resposta ao descenso progresivo do consumo de peixe fresco e ao avance dos ultraprocesados na dieta. O proxecto busca fomentar o consumo regular de produtos do mar como parte dunha alimentación equilibrada, divulgando os seus beneficios para a saúde e achegando información baseada na evidencia científica sobre o seu papel no benestar cardiovascular, cerebral, óseo, muscular, inmunitario e metabólico.
Ao longo de 2026, a iniciativa está a desenvolver distintas accións de sensibilización, entre elas campañas en centros de saúde, xornadas divulgativas con especialistas en medicina e nutrición e actividades en prazas e mercados, con sorteos e demostracións de cociña en vivo.
O proxecto está financiado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), a través da Consellería do Mar, e conta coa participación de sete GALP galegos: Ría de Vigo-A Guarda, Ría de Pontevedra, Ría de Arousa, Costa Sostible, Costa da Morte, Golfo Ártabro Sur e A Mariña-Ortegal. Ademais, conta coa colaboración da Consellería de Sanidade, conectando as Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) dos GALP coa Estratexia Galega de Saúde Comunitaria 2023-2027.
Máis información: pescasaude.gal
O GALP Golfo Ártabro Sur impulsa o consumo saudable de produtos do mar a través de nove restaurantes do seu territorio

Comentarios recientes