Resolución definitiva de proxectos
Unha rede de colaboración para o desenvolvemento sostible
O GALP Golfo Ártabro Sur é unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a cooperación entre os diferentes sectores sociais, públicos e privados para promover un desenvolvemento sostible no sector pesqueiro das comarcas do Golfo Ártabro. Desde 2008, traballamos para mellorar a calidade de vida das comunidades costeiras, protexer o noso patrimonio mariñeiro e impulsar a economía local.
Proxectos financiados
en axudas concedidas
anos impulsando proxectos
Impulsa o teu proxecto co GALP Golfo Ártabro Sur
Se tes unha idea ou proxecto relacionado co sector pesqueiro ou as comunidades costeiras do noso territorio, no GALP Golfo Ártabro Sur ofrecemos axudas para facelo realidade. A nosa misión é apoiar iniciativas que contribúan ao desenvolvemento sostible da nosa zona. Artabrito, o noso asistente virtual, guiarate paso a paso no proceso de solicitude.
mantente informado
O noso blog
O GALP continúa acompañando o desenvolvemento dos proxectos apoiados
Ao longo deste mes, o GALP Golfo Ártabro Sur continuou traballando no seguimento dos proxectos apoiados no marco das convocatorias de axudas, co obxectivo de facilitar o seu correcto desenvolvemento e execución. Neste período finalizouse a tramitación das modificacións e prórrogas solicitadas polos diferentes promotores, permitindo adaptar os prazos e condicións de execución ás necesidades de cada proxecto. Estas xestións…
Pesca Saúde chega a Pantín para unir deporte, alimentación e produto do mar
A praia de Pantín, en Valdoviño, foi escenario dunha nova actividade do proxecto Pesca Saúde, coincidindo coa celebración do Pantín Classic 2026. Durante os días 29 e 30 de agosto, a foodtruck da iniciativa achegouse ata este enclave para promover entre deportistas e público xeral o consumo de produtos do mar como parte dunha alimentación equilibrada e dun estilo de…
Natureza e biodiversidade, protagonistas das actividades do Grupo Naturalista Hábitat
O Grupo Naturalista Hábitat desenvolveu durante o mes de agosto diferentes actividades destinadas a coñecer, protexer e poñer en valor os espazos naturais do Golfo Ártabro, no marco das iniciativas apoiadas polo GALP Golfo Ártabro Sur. Entre as actuacións realizadas destaca o control de plantas exóticas invasoras na contorna do Areal de Alba, en Sabón (Arteixo). A actividade, desenvolvida coa…
As Xornadas sobre Mar e Naufragios recuperan a memoria marítima de Sorrizo
O Centro Mar de Sorrizo acolleu os días 21 e 22 de agosto as Xornadas sobre Mar e Naufragios, unha iniciativa integrada no proxecto “Mar de Sorrizo: recuperación e divulgación do patrimonio cultural pesqueiro de Arteixo”, promovido polo Concello de Arteixo e financiado a través das axudas do GALP Golfo Ártabro Sur. Durante dúas sesións, as xornadas reuniron diferentes especialistas…
O proxecto de cooperación para a transformación e valorización do produto pesqueiro local continúa avanzando
O proxecto de cooperación no que participa o GALP Golfo Ártabro Sur, e no que tamén participan outros seis GALP galegos, continúa avanzando coa posta en marcha das diferentes actuacións previstas. A iniciativa traballa para buscar novas formas de transformar, presentar e valorizar os produtos pesqueiros locais, favorecendo o seu consumo e xerando novas oportunidades vinculadas ao sector do mar.…
Instalación dun sistema de monitorización e automatización na Lonxa de Sada
A Confraría de Pescadores de Sada levou a cabo o proxecto “Instalación dun sistema de monitorización e automatización na Lonxa de Sada”, unha actuación apoiada polo GALP Golfo Ártabro Sur que permitiu modernizar diferentes equipamentos e mellorar a eficiencia na xestión das instalacións da lonxa. O proxecto consistiu na instalación dun sistema de monitorización e automatización para o control de…
Os faros que guiaron a navegación no Golfo Ártabro
Cada 7 de agosto celébrase o Día Internacional dos Faros, unha data que ofrece a oportunidade de lembrar o importante papel que estas construcións desempeñaron durante séculos na seguridade da navegación e na historia das nosas costas.No Golfo Ártabro, onde conflúen as rías da Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol, os faros e as diferentes axudas á navegación forman parte dun…
Execución da EDLP, máis de 1,48 millóns de euros mobilizados en 2025 para impulsar o desenvolvemento do territorio
O GALP Golfo Ártabro Sur continúa avanzando na execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), unha folla de ruta que busca fortalecer o sector pesqueiro e dinamizar o territorio a través do apoio a proxectos innovadores, sostibles e xeradores de oportunidades. Durante 2025 financiáronse un total de 32 proxectos, cunha axuda concedida de 1.484.963,64 €, o que supón…
O proxecto Relevo Xeracional levou a un alumno de Sada a vivir unha xornada real no mar
O pasado 17 de xullo, o proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» deu un novo paso para achegar a mocidade ao sector marítimo-pesqueiro cun embarque no que participou Hugo, alumno do IES Isaac Díaz Pardo de Sada. A bordo do pesqueiro O Xirote, patroneado por Adriano, o estudante tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o día a…
Cando a Virxe do Carme navegou por primeira vez pola baía do Golfo Ártabro
Cada 16 de xullo, as embarcacións do Golfo Ártabro engalánanse para acompañar á Virxe do Carme nunha das tradicións máis emblemáticas das nosas vilas mariñeiras. A procesión marítima forma parte da identidade da costa e reúne cada ano a centos de persoas arredor dunha celebración que combina devoción, patrimonio e memoria. Porén, esta imaxe tan familiar non existiu sempre. Antes…
A nosa axenda
No se han encontrado eventos.
Proxectos
Eles imaxinaron o seu futuro coa nosa axuda
Exposición de mobiliario de formigón reciclado, producido con cáscara de mexillón
Apertura, modernización e innovación dun novo posto de venda de peixe
Enmalle Studio: espazo para elaboración de obras de arte con redes e lixo mariño
Un plan de futuro para as nosas costas
A EDLP do GALP Golfo Ártabro Sur é un proxecto colectivo que ten como obxectivo identificar as fortalezas, necesidades e oportunidades do noso territorio. Esta estratexia participativa, elaborada co apoio das comunidades locais, busca fomentar accións que melloren a economía, a calidade de vida e a sustentabilidade nas nosas rías e costas.
O territorio do GALP Golfo Ártabro Sur abarca A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada, cunha rica biodiversidade e patrimonio mariñeiro, parte da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
A nosa misión
Impulsamos o desenvolvemento sostible no Golfo Ártabro Sur, preservando o noso patrimonio mariñeiro e mellorando a calidade de vida das comunidades costeiras
Suscríbete ao noso boletín mensual do GALP Golfo Ártabro Sur
Mantente ao día coas últimas novidades sobre proxectos, actividades e o patrimonio mariñeiro da nosa comunidade costeira. Prometémosche información relevante, sen spam, para que coñezas todo o que facemos e o impacto do noso traballo. Únete á nosa comunidade e sé parte do desenvolvemento sostible do Golfo Ártabro Sur.
Únete á nosa comunidade e sé parte do que estamos a crear!
Síguenos nas redes sociais para estar ao día de todas as novidades do GALP Golfo Ártabro Sur. Mantente conectado co mar, a pesca sostible e a nosa tradición costeira.