Aberta a Convocatoria de Axudas 2026
Unha rede de colaboración para o desenvolvemento sostible
O GALP Golfo Ártabro Sur é unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a cooperación entre os diferentes sectores sociais, públicos e privados para promover un desenvolvemento sostible no sector pesqueiro das comarcas do Golfo Ártabro. Desde 2008, traballamos para mellorar a calidade de vida das comunidades costeiras, protexer o noso patrimonio mariñeiro e impulsar a economía local.
Proxectos financiados
en axudas concedidas
anos impulsando proxectos
Impulsa o teu proxecto co GALP Golfo Ártabro Sur
Se tes unha idea ou proxecto relacionado co sector pesqueiro ou as comunidades costeiras do noso territorio, no GALP Golfo Ártabro Sur ofrecemos axudas para facelo realidade. A nosa misión é apoiar iniciativas que contribúan ao desenvolvemento sostible da nosa zona. Artabrito, o noso asistente virtual, guiarate paso a paso no proceso de solicitude.
mantente informado
O noso blog
As confrarías do Golfo Ártabro Sur: unha historia de mar, traballo e comunidade
As confrarías de pescadores do Golfo Ártabro Sur son unha parte esencial da historia mariñeira do territorio. Con décadas, e nalgúns casos máis dun século, de traxectoria, estas entidades foron e seguen sendo o corazón da actividade pesqueira nas vilas costeiras, organizando o traballo no mar, defendendo os intereses do sector e transmitindo un saber que pasa de xeración en…
O GALP Golfo Ártabro Sur imparte un curso de emprendemento en turismo mariñeiro e pescaturismo
O GALP Golfo Ártabro Sur organiza do 2 ao 6 de febreiro un Curso de Emprendemento en Turismo Mariñeiro e Pescaturismo, no marco do proxecto de cooperación cos oito GALP galegos “Mar e Rías: Pesca & Turismo”. Esta acción formativa gratuíta está dirixida a traballadores e traballadoras do sector pesqueiro, mariñeiros/as, mariscadores/as, redeiros/as, que desexen diversificar a súa actividade e…
O Alumnado do IES Isaac Díaz Pardo coñece os oficios do mar nunha charla educativa
O pasado 26 de xaneiro, o GALP Golfo Ártabro Sur recibiu a visita de 35 alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo, nunha charla informativa dedicada a dar a coñecer os oficios do mar. Durante a sesión, o alumnado puido coñecer de primeira man as profesións do sector pesqueiro, o funcionamento desta actividade e a…
O GALP Golfo Ártabro Sur celebra unha xornada informativa sobre a convocatoria de axudas 2026
O GALP Golfo Ártabro Sur celebrou o pasado 23 de xaneiro unha xornada informativa sobre a nova convocatoria de axudas 2026, co obxectivo de achegar ás persoas e entidades interesadas as principais novidades da orde e facilitar información práctica para a preparación e presentación de proxectos. Durante a sesión déronse a coñecer os aspectos máis relevantes da convocatoria, facendo especial…
Aberta a convocatoria de axudas 2026 do GALP Golfo Ártabro Sur para impulsar proxectos no sector pesqueiro e nas comunidades costeiras
Xa está aberta a convocatoria de axudas 2026 destinada a apoiar proxectos que contribúan ao desenvolvemento sostible do sector pesqueiro e á dinamización económica e social das comunidades costeiras do seu ámbito territorial. Estas subvencións enmárcanse na Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Sur e teñen como obxectivo impulsar iniciativas vinculadas á innovación, á diversificación da…
O GALP Golfo Ártabro Sur mantén unha reunión de traballo coa Xunta de Galicia para analizar o impacto das axudas ao sector pesqueiro
O GALP Golfo Ártabro Sur mantivo o pasado 15 de xaneiro unha reunión de traballo coa delegada territorial da Xunta de Galicia, Belén do Campo, na que se analizou a situación actual do grupo e se fixo balance das últimas convocatorias de axudas destinadas ao desenvolvemento local e ao sector pesqueiro no territorio. No encontro participou o xerente do GALP…
Inspírate nos proxectos impulsados polo GALP Golfo Ártabro Sur
Imaxina o teu proxecto como o imaxinaron outras persoas antes ca ti. Na web e na canle de YouTube de proxectos do GALP Golfo Ártabro Sur pódese consultar unha selección de iniciativas apoiadas polo grupo, que amosan o traballo desenvolvido no territorio ao longo dos últimos anos. Neste período impulsáronse proxectos moi diversos, relacionados coa modernización de lonxas e postos…
O Apalpador, o carboneiro xigante que trae abundancia e saúde
O Apalpador é unha das tradicións máis entrañables e antigas de Galicia, especialmente nas aldeas e nos núcleos rurais. Este personaxe popular, tamén chamado Papa Noël galego, remóntase a tempos antigos e ten como misión principal visitar aos nenos durante as noites de inverno, pouco antes do Nadal, para apalparlles a barriga e comprobar que están ben alimentados, deixando a…
O GALP Golfo Ártabro Sur comeza a preparar a nova convocatoria de axudas prevista para xaneiro
A nova convocatoria de axudas para proxectos incluídos nas Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo está prevista para a súa apertura a mediados do mes de xaneiro. Estas axudas permitirán apoiar iniciativas orientadas á creación, diversificación e ampliación de empresas, así como a proxectos promovidos por entidades locais, asociacións e persoas emprendedoras que contribúan ao desenvolvemento económico, social e sostible do…
O GALP Golfo Ártabro Sur forma parte do proxecto de cooperación Pesca Saúde
O GALP Golfo Ártabro Sur participa no proxecto de cooperación Pesca Saúde: consumo de produto pesqueiro e alimentación saudable, unha iniciativa promovida polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e financiada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMPA) que busca promover o consumo de produtos do mar polos seus beneficios para a saúde e o benestar da…
A nosa axenda
No se han encontrado eventos.
Proxectos
Eles imaxinaron o seu futuro coa nosa axuda
Exposición de mobiliario de formigón reciclado, producido con cáscara de mexillón
Apertura, modernización e innovación dun novo posto de venda de peixe
Enmalle Studio: espazo para elaboración de obras de arte con redes e lixo mariño
Un plan de futuro para as nosas costas
A EDLP do GALP Golfo Ártabro Sur é un proxecto colectivo que ten como obxectivo identificar as fortalezas, necesidades e oportunidades do noso territorio. Esta estratexia participativa, elaborada co apoio das comunidades locais, busca fomentar accións que melloren a economía, a calidade de vida e a sustentabilidade nas nosas rías e costas.
O territorio do GALP Golfo Ártabro Sur abarca A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada, cunha rica biodiversidade e patrimonio mariñeiro, parte da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
A nosa misión
Impulsamos o desenvolvemento sostible no Golfo Ártabro Sur, preservando o noso patrimonio mariñeiro e mellorando a calidade de vida das comunidades costeiras
Suscríbete ao noso boletín mensual do GALP Golfo Ártabro Sur
Mantente ao día coas últimas novidades sobre proxectos, actividades e o patrimonio mariñeiro da nosa comunidade costeira. Prometémosche información relevante, sen spam, para que coñezas todo o que facemos e o impacto do noso traballo. Únete á nosa comunidade e sé parte do desenvolvemento sostible do Golfo Ártabro Sur.
Únete á nosa comunidade e sé parte do que estamos a crear!
Síguenos nas redes sociais para estar ao día de todas as novidades do GALP Golfo Ártabro Sur. Mantente conectado co mar, a pesca sostible e a nosa tradición costeira.